10.1.07
víctimas
Fin
4.1.07
"Enfermo"
é ano novo e
os reis magos veñen case todas as noites.
30.12.06
Guía para ter un Bló (galego) de éxito.
1. Ser muller (ou aparentalo). Non é completamente imprescindible pero...
2. Excitar o maxín dos tíos . A maior parte dos que len blós son tíos, así que hai que excitalos. Podes poñer fotos de softcore, glamour erótico, algo picantonas, tías sofisticadas que non se parezan moito as noivas/amigas/coñecidas/irmás, etc.
3. Para cumprir a perfección o punto 2 hai que suxerir sutilmente algún tipo de inclinación bisexual.
4. Ler a Petite Claudine. Polos puntos 2 e 3 xa vos decatariades. É máis que obvio. A inspiración está ben pero hai quen leva esto ao extremo de ler algo na Petite Claudine, poñelo no conxelador unhas semanas ou meses e logo soltalo como se fora unha descuberta orixinal. No fondo é moi útil, porque podes non ter nin idea de porno nin de software libre, lés un rato o bló de Marta Peirano e xa incluso podes escribir artigos (pagados) en medios convencionais.
5. Opinar sobre a actualidade. Obviamente cunha visión máis ou menos socialdemócrata da vida, así como un pouco progre pero sen pasarse e só as veces.
6. Lugares comunes. Unha muller cun punto de vista moi orixinal metería medo, os tipos fuxirían (puntos 2 e 3 aparte). Así que as opinións teñen que ser como o descrito no punto 5, pero con moderación. Por exemplo, se a palma Pinochet podes poñer que o inferno ten outro demo ou caralladas así; fuxir das afirmacións rotundas e bravas, non escribades "por fin palmou o fillo de puta ise" ou "un cabrón menos".
7. Melancolía. Este punto creo que é o que podería caracterizar o "bló galego de éxito". Deixar caer añoranza por un ex amante, ex noivo, ex amiga, os pasteis da abóa... cousas disas. Se se desliza un polo tobogán da ñoñería non só non hai ningún problema senón que é estupendo. Súfrese moito por aquí.
8. Ter de cando en vez, algún chispazo de humor, un pouco ñoño, eso sí. Pero con moderación que ao fin e o cabo somos galegos e o que escribe, suponse, é unha muller (si: é un comentario con un chisco de autoodio, machista e, en definitiva, reaccionario, pero pretende ser meramente descriptivo).
9. Falar un chisco de algo un pouco cultureta: algún libriño, peli ou algunha obra de teatro da vosa localidade (esto soe ter algo de cancha). O da música da moito xogo, hai que ser algo fan dalgunha banda galega (se levan camisetas a raias mellor).
10. Suxerir algo ao respecto do rollo "nación", ou está claro que Gz é unha nación (pero sen extenderse, lembrade punto 5) ou facer como que xa estades de volta diso.
Ben, se atendedes este escueto decálogo, ides ter un bló de éxito. En principio non sabemos moi ben para qué serve un bló, pero unha vez que se ten, serve para que te lean e canto máis, máis medra a túa satisfacción. Tendes a fórmula, agora adiante.
Feliz 2007.
28.12.06
Galician Fakes
1. A gaita e todo iso: o auténtico instrumento nacional galego é o acordeón. A primeira gaita que escoitaron os meus país foi cando merquei aos 12 anos un disco de Milladoiro. O Celtismo fixo moito dano. Cantos maís complexos de inferioridade se teñen máis trata un de ser orixinal e diferenciarse. Por suposto tendo como referencia "pobos superiores" como os escoceses, irlandeses e todos ises. Non vaia ser que teñemos que recoñecer que os alalás son de orixe árabe.
2. As vacas. As putas vacas. Os auténticos animais domésticos propios do país foron as ovellas, as ovellas de raza galega. O das vacas é un invento que ten menos de 40 anos. Ademáis quen as impuxo foi o sistema productivo autárquico do Franquismo. Ao que vexa unha ovella, doulle un prémio.
3. O puto hinno galego: "os pinos", ou como unha especie exótica dalle nome ao hinno dun país.
.... xa seguirei outro día, pero
realmente con tanta mamonada para qué hostias queremos ser unha nación?, podemos selo?
27.12.06
Literatura (Galega) na Radio Galega
23.12.06
Peña rara
E mentres as antenitas de reno invaden as rúas os gardiáns das esencias preocupados por unha guitarra. Supoño que non hai outras cousas sobre as que preocuparse no país.
22.12.06
+ De Palacio
Consideración: lembráronme que esta morta cando ainda era unha pre-morta desexoulle a Fidel Castro que a palmara canto antes. Esto non precisa ningún comentario máis.
21.12.06
Dores de cabeza
Os funcionarios (ben, moitos deles) provocan dor de cabeza. Non é solucionable. Nauseas, arcadas, vómitos, irritación, diminución do c.i., etc son outros síntomas. Recoméndase poñerse a salvo diles, pode ser contaxioso o seu gusto pola ineficacia, a lentitude, a indolencia, a impunidade, a arbitrariedade (qué curioso, non?), a incapacidade, o parroquialismo, o microfundismo e un nivel intelectual digno do peixe sapo. Ah, e viven dos teus impostos cun adosado con rubia e inda por riba teñen sindicatos e isas cousas.
E lembro que vivo nun país onde todo o mundo quere selo. Así que nin é país nin é nada, só un deserto.
Outro día farei unha apoloxía do despido.
azar 6.0
17.12.06
14.12.06
Pola mañá
Logo aparece unha planta Galaico-Surafricana en extinción temendo ser ramoneada por un herbívoro indolente coma min. Creo que a planta non ten ollos porque non mira os méus.
O coleóptero e a planta bailan medio soltos medio agarrados, máis que nada, por disimular: a vida na sabana-cidade é dura, está chea de cariñosos depredadores e teimudos herbívoros.
Un gran cazador blanco (GCB) circula borracho e sen rifle. Leva un sorriso conxelado baixo o brazo; mira sen verme ou veme sen mirar, non o teño moi claro. O GCB choca cun extrábico bosquimano de dous metros que pregunta polo seu diminuto pene como quen pregunta por unha rúa descoñecida. O bosquimano é un gañador, nótase.
Un rebaño de televisores observan con atención unha ovelliña que cacarea sistemáticamente. Todo isto, antes das 11 da mañá.
Marcho. Entro nun café e atópome cunha gallinácea alóctona e descolorida poñendo ovos imaxinarios. No xornal, todas as novas son vellas.
Falar mal dunha morta
12.12.06
Pinochet continua vivo (e Fraga tamén)
Este tipo de cousas son preocupantes porque morre o dictador pero eso da igual. Tan preocupante como que o famoso 14 M o PP acadara máis de 9 millóns de votos, ou que logo de 16 anos Fraga seguira acadando maioría (relativa). A propósito de Fraga, opina que deixou Chile mellor do que estaba.
Todo encaixa. E Fraga tamén segue vivo, inda que estea a favor dos mortos.
Fago notar que volto a escribir con maíusculas ao principio da frase. Non o facía e a verdade é que me gusta máis. Non sei se o outro era unha pailanada en plan modernez, creo que sí. Mil disculpas a min mesmo.
5:55 novo disco de Charlotte
A deliciosa filla do mestre Gainsbourg ten novo disco con música de Air e letras de Jarvis Cocker. Podedes disfrutar de Songs That We Sing
11.12.06
Dictators
e un regalo de volta: o de Pinochet que morre xustamente o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Vese que non resistiu un máis. (non perderse o link de augusto)
pero postos a falar de dictadores, eu recomendo vivamente aos The Dictators.
5.12.06
4.12.06
azar 5.0
(e ti aínda tes ollos)
30.11.06
xa sei para qué serve un bló 19.0
28.11.06
27.11.06
21.11.06
hai que apuntarse nalgún lado?
(visto en chuza)
19.11.06
17.11.06
16.11.06
o home inédito
:D
9.11.06
azar 2.0
3 perversións
- hoxe vinme obrigado a felicitar á picolética institución: tras 19 anos de carnet de conducir, recibo a miña primeira multa en estrada. non é por queixarme nin por xustificarme pero a multa foi absurda e culpa do camuflado coche benemérito. é un proceso recaudador sinxelo, gustaríame facer a min estas pequenas putaditas, ten que dar un perverso e íntimo pracer. un pracer de 63 euros.
- como perverso é que o Vaticano solicite ao estado de Israel que prohiba celebrar unha festa gay en Jerusalem pero non eleve unha queixa ante o mesmo estado por cargarse un grupo de persoas que estaban a durmir.
- diputado Wolf: resulta que un parlamentario do PP di que presida a comisión de cultura do parlamento galego o diputado Wolf é como que Josu Ternera presida a Comisión de Dereitos humanos. pois non, non podo estar máis en desacordo co diputado do PP: Josu Ternera non se merece isa comparación.
6.11.06
azar 1.0
3.11.06
27.10.06
qué raro
este lugar é todo tan raro.
25.10.06
sparklehorse
o bo de todo isto é que tocará en aldeagrande.
mentres, seguen as inundacións sen solución de continuidade. creo que vou quedar así.
24.10.06
variacións
o dos putos blós: leo aquí que o blogomillo desaparece. alédome: o meu senso de colectividade quedou moi deteriorado tras pasar uns cantos anos no planeta. podería desenvoler a idea, non? pero paso, dame preguiza.
moda: é unha moda esto dos blós? simplemente é un novo bucle e os blós están sometidos ás leis da selección natural. que ninguén se preocupe.
reunión: a semana pasada fun a unha, un tanto extrana, a xente que falabamos nela sabíamos todas as palavras: interdisciplinariedade, pluralidade, transversalidade, etc. vamos, toda o rollo moderno e guai, pero que xa sona a antigo e desgastado. habería que escribir un pequeno manual, que quedara todo inservible de novo e así poder inventar un novo catálogo de valeiros conceptuais.
coñac: levaba todo o día con sono, seguín currando lentamente mentres me bebín un coñac, estivo ben.
19.10.06
spectivas
Extrospectiva: cada vez que un grupo de paletos versión walt disney excarcela visóns americanos por aí adiante posiciónome máis a favor de darlle os dereitos humanos aos simios.
Retrospectiva: o pasado é o único que podes cambiar, se non che gusta, de xeito inmediato.
Perspectiva: choiva e ceos grises para os próximos días, perfecto para as inundacións.
i + u
se estou en min é que non estou en min, e se estou en min, é que non estou en min.
en definitiva é unha cuestión tanto identitaria como de ubicación.
15.10.06
cousas que están moi ben:
que 'el grupo de expertos solynieve' saquen un cd. "un discurso a favor del sur y el mediodía, una reinvindicación del hogar: del lugar y de las personas con las que se convive en armonía." pois non se fale máis.
e moitas máis que non vou contar, claro.
10.10.06
6.10.06
língua (galega)
está claro que a lingoa galega esmorece, e esmorece da pior forma posible, dexenerando, nada de mortes limpas e todo iso, non, dexenera. habería que buscar causas e culpables. causas, as de sempre que tanto se repiten por aí. pero hai uns culpables que se están indo de "rositas"*: refírome ao BNG, a Mesa pola Normalización Linguística e toda a constelación de Satélites.
explícome, esta peña durante xa moitos anos adícanse a:
criminalizar a todo aquel/a que non fale galego, xerando un sentimento de rexeitamento.
desprezar a todo aquel/a que non fala galego todo o rato, agredíndoo.
agredir a todos/as que fan os seus "pinitos"* coa língoa e polo tanto falan un mal galego, rexeitándoos en vez de acollelos e tratalos con mimo.
e, en resume, empregar a língoa como arma e munición ao mesmo tempo.
en definitiva, están creando unha língoa moi apropiada para o rexeitamento, a exclusión, a agresión, o desprezo, o sectarismo, o odio, etc. Obviamente é unha estratéxia criminal e fondamente estúpida.
pero aída hai máis:
cambios constantes nas normativas (xa está ben!), sería interesante montar unha plataforma de afectados e mesmo esixir indemnizacións.
emprego de rarísmos: adóptase (supoño que con bo criterio) verbas do dialecto portugués, pero ao final o que está a saír é unha especie de aliem que acomplexa aos reservorios de galego, particularmente no medio rural.
adóptanse con entusiasmo todos ises rarísmos como autocolante, cartaz, refictir, etc mentres que as expresións e verbas auténticamente galegas desaparecen, por exemplo: "dé" por "dea" ou estexas e chorradas así.
efecto laboratorio: desparecen dúas vogais nos medios de comunicación e por suposto nos dirixentes do BNG, a Mesa e demáis Satélites que en realidade, e con moi contadas excepcións falan un mal castelán con aparenza de pseudogalego. non hai xiros nin construcción galegas. a sensación é: aberración.
hipermegarruralización: a ver cándo nos enteiramos de que xa somos máis nas cidades que nas aldeas, o galego do futuro é urbano ou non vai ser (non vai ser) así que xa está ben de ruralizar o tema en plan mítica reserva india. esa arcadia xa non existe.
son feos/as: esta peña soe ser bastante pouco agraciados, con pouquísimas excepcións (pensaredes, e isto? a qué ven? este tío de que vai? bo, cántos filólogos/as coñecedes que estean bos/boas? cántos directivos/as do BNG e a Mesa e satélites son sexualmente desexables??, a realidade é que esas cousas marcan, agora podedes dubidar se o digo en serio ou en coña).
bueno, xa está ben por hoxe.
NOTA: se algún hipermilitante ou filólogo/a quere deixar a súa sesuda e científica opinión ou simplemente dicir que non teño nin puta idea ou así, pode facelo, a min vaime dar completamente igual, así que recomendaría en realidade non escribir nada, pero como esta peña soe estar ociosa pois aí están os comments. eso sí asegurádevos antes de que en realidade non estades a reforzar a miña tese.
* ooooh, unha expresión española!!
4.10.06
Galeano
unha das miñas citas favoritas de Galeano é "si el pelo fuese importante estaría dentro de la cabeza, no fuera". non é necesario que vaiades velo, pero sí recomendo lelo.
2.10.06
cuestión
e non é doado de detectar, as veces é todo moi sutil, as veces tardamos meses en decatarnos do xogo, outras veces anos, outras veces a penas uns segundos, nunca se sabe, non hai regras fixas. os xogos de poder só conducen a insatisfacción permanente, o xogo é o fin, e iste nunca chega así que condena a quen o practica ou o tolera á infelicidade eterna (outra forma de autoviolencia extrema). supoño que o meu particular boicot é un acto marxista en certo modo. así que por respecto a un mesmo, por respecto á intelixencia, á felicidade, aos demais, etc practico e recomendo o boicot.
por iso, as veces paréceme incluso respetable a política: é un terreo onde, polo menos, sábese ao que se xoga, as cousas están claras. neste eido ninguén se leva a engano.
xa sei para qué serve un blog 18.0
nin interesante, nin divertido, nin orixinal, nin atractivo, nin rompedor, nin creativo, nin intelixente, nin absolutamente nada de nada.
26.9.06
:)
- o sorriso: dunha ventaniña a outra do coche e soaba vals de ballenas.
- a(ff) di, sarcásticamente divertido, que este é un bló como de chico sensible e todo iso. claro, aquí non falo de porno-guarradas, non fago chistes machistas, non mando a tomar polo cú a ninguén (bo, as veces un pouco si), non deslizo a ironía cara ao sarcasmo, etc. se alguén demanda este tipo de particularidades que o diga e fago un post (ou un par de ducias) ao efecto. inda que eso xa se fai un pouco noutro lado.
- atención, coidado, moito ollo: o ÑOÑO vende. e vende moito. sería unha boa idea facer un concurso de blós ñoños en galego. creo que estaría moi competido.
23.9.06
22.9.06
intuír
mentres: ler nas nubes, adiviñar nas ás dos paxaros, cavilar nos pousos do café, intuir no vento, perceber nas sombras, capturar intuicións, analizar intencións, diseccionar alentos, sistematizar azares ...
e tamén explorar soda stereo.
18.9.06
Alatriste e as súas msx.
e Alatriste. eu recomendo encarecidamente vela. vale que o guión perda o fío, estea mal plantexado e que haxa secuencias innecesarias e outras ausentes. vale. a película está moi ben a pesar de todo.
16.9.06
15.9.06
ATM
unha exposición que paga a pena de e(o). máis info aquí (unha aperta!).
* a postadolescencia é o que hai entre os 18 anos e o teu enterro. algunha peña quere disimular.
12.9.06
11.9.06
algo bon
por certo, o concerto, perfectamente prescindible.
9.9.06
ferpectamente
8.9.06
inquedante
en cada espectro, qué hai
non abras, non digas, non leas... se non estás disposto a xogar
7.9.06
todo novo

novo disco de Yo La Tengo : I Am Not Afraid of You and I Will Beat Your Ass. toda unha declaración e nova peli de kevin smith, clerks 2
un outono interesante.
democracia no país: todo a 100
Touriño fala de "ataque masivo e criminal", Quintana: "foi un ataque indiscriminado, masivo e terrorista contra o cambio de política para o medio rural que protagoniza o BNG" (sic), Antón Losada: "os incendios foron un ataque terrorista e masivo ás novas políticas rurais".
polo tanto:
BNG e PSOE opóñense á creación dunha comisión de investigación.
que cada un tire as súas propias conclusións. a pasalo ben e non mancarse.
6.9.06
cruzando as liñas vermellas
1.9.06
póstumo
quédome un pouco descolocado. saio da livraría e sinto alivio por estar vivo e poderlle mirar o cú e as tetas ás mulleres que pasan, mentres lembro unha conversa con il sobre o tema. é unha homenaxe espontánea, sinceira e íntima.
31.8.06
a pasalo ben.

nada en particular: o de sempre, cambias as condicións e listo. chamo a mariscal de campo e ambos coincidimos en que se sacan esto pola tele e lle dan importancia asistiremos a outro repunte dos incendios. é complicado, porque estamos a falar de restrinxir a información. pero realmente esto é información ou morbo? qué ocorre cando non se dispón de ferramentas para analizar a información? se cadra calidonia sábeo.
polo momento uso indebido do monte e urbanización indebida: ata 4 helicópteros, 2 avionetas e medios terrestres que non vexo dende casa. e vento moi moi limitado. to be continued. e digo que continuará porque hoxe a Xunta aprobou un paquete de medidas que son, xa, combustible para os incendios da década que vén.logo hai xente, non sei se estúpida ou cínica, que se pregunta por qué os novos e os profesionais cualificados marchan deste país. pasádeo ben.
___________
actualizo, as 17.45 : uns cantos km ao sur, entre compostela e o pico sacro, acaba de comezar outro incendio. o fume é o que ten: que se ve dende lonxe.
game over

ou quizáis é que setembro xa está aquí de novo. ou quizáis, é que concordo con mariscaldecampo en que non lle hai que facer (game over) e, se cadra, a partir de agora adicámonos ao hedonismo como sempre quixemos facer: con todas as nosas forzas, o que sen dúbida algunha é positivo.
29.8.06
tómese nota, por favor
hai un ano, unha catástrofe natural (máis ou menos) arrasaba Nova Orleáns, unha cidade do super primeiro mundo, do país máis "avanzado" ....
claro que esa cidade está chea de negros
claro que ainda por riba, está nun dos estados que máis petróleo produce (que tomen nota por aquí, por se non o sabemos que a producción enerxética non ten nada que ver co desenvolvemento económico).
claro que... ah! é o capitalismo, o sálvese quen poda e todo iso. curiosamente moitos dos que reivindican indemnizacións polos lumes, aquí, son pro-capitalistas e todo iso.
tómese nota. por favor.
26.8.06
fabulosas sorpresas
amarillo de la sombra de un cerdo
...
oh ceniza del ser,
diente para la nada
......
25.8.06
24.8.06
de raposos e cobardes
atraveso as aforas da cidade as dúas da mañán e coas luces do coche ilumino un animal que, tranquilamente, pasea por unha beirarúa. é un raposo novo e larguilucho. da a volta e desaparece nese bonito espacio de ninguén que hai entre as hortas e os xardíns. lembro cando hai uns anos flipabamos cos documentais de raposos que vivían no centro de Londres. xa somos europeos.
e estou ata os collóns deste bar no que os camareiros só te atenden se estás boa, non fai falla sorrir moito.
trato de desenvoler algunha hipótese sobre a paranoia (anti)incendiaria e a teoría da conspiración xurdida cando, casualmente, atopo algunha clave: insunúase a teoría da conspiración dende un primeiro momento dende un bló, baseandose nun artefacto estatístico de aficionado e extraendo as conclusións previamente determinadas. ben, podería non pasar nada, pero o tipo é do BNG, onde reside o gran bastión da conspiranoia incendiaria. outro aprendiz de zorro urbano cutre e manipulador, a todos os efectos, nun país de cobardes para cobardes. e paranoicos.
22.8.06
o atractivo do poder
alédome tanto de non ter poder ningún.
19.8.06
o enemigo maxinario
- a estas alturas hai que ser moi parvo para non decatarse de que os incendios responden a unha trama organizada.
- so un cego non vería o complot perfectamente artellado.
- xa ninguén dubida da existencia dunha organización adicada ao lume
- só un idiota negaría a realidade
- as evidencias indícannos que unha mente criminal está detrás do lume.
- non ao terrorismo incendiario
sei que somos ainda un bon grupo.
18.8.06
seguimos rodeados
o de causas estructurais para referirse ao dos incendios estase a converter en algo así como dicir "bo, é que somos así, eche o que hai..." pero en plan chachi-técnico e como leído e tal.
eso sí, vimos de asistir da presentación en sociedade do NACIONALISMO NEOCON GALEGO. estupendo. Renego 2.
a pantera rosa

penso na Panteira Rosa: eu son un pouco así e inda penso que me gustaría parecerme máis.
16.8.06
apagar (e marchar)
15.8.06
e logo ti, de qué teoría es?
dos da conspiración ou dos da non-conspiración?
(atención: coñezo a xente intelixente que cré na conspiración xudeo masónica e contubernio. polo tanto as posturas débense tomar en función do nivel de perturbación mental/paranoia)
11.8.06
estou rodeado
e o que é peor, xorden discípulos de Aznar e Bush que están dispostos a non entender nada pero sí chamar TERRORISMO ao que non entenden. eu pensaba que o da conspiranoia do 11M era cousa de Aznar pero non: o de agosto06en Galicia parece patrimonio de galegos e galegas. se teño que vivir nun país de reaccionarios, declárome cidadán de Borneo. RENEGO.
e para rematar, fago un concurso imaxinario para ver a quén podo declarar o ACEBES GALEGO que é gañado por un tal ANTÓN LOSADA. despois de observalo un par de segundos conclúo que Acebes debe, máis ben, ser declarado o Antón Losada Español
Puto país de paranoicos.
Puto país de simples
Puto país de fascistas
8.8.06
simple

a simpleza é parente cercana da estupidez, qué é máis grande que as nubes de fume e cubre á consellería do rural de xeito patético; creo na trasmutación das almas: o conselleiro do lume pasa de corpo en corpo, fai 15 anos era Romay Beccaría, agora é un tal Suárez Canal que un día leu un conto sobre o país e pensou que era así realmente.
4.8.06
intimidade

penso en toda a xente que coñezo á que lle recomendaría o libro. por previsión penso que vou mercar 3 ou 4 exemplares para regalar.
hai frases como navallas. entran cortan, sangras e quedas alí tirado. o ritmo é lento, o efecto longo. esa sensación, que só moi de vez en cando teño: por qué non tería eu lido este libro en ....? en, ou antes de, ou no ano tal... ou ter un exemplar para regalar como resposta a preguntas difíciles de respostar, difíciles por tediosas, por aburridas, pola cantidade de matices a precisar, polo contexto, polas conexións.
..... se un non deixase nunca nada nin a ninguén, non tería espazo para o novo. sen dúbida, evolucionar constitúe unha infidelidade..., aos demáis, ao pasado, ás antigas opinións dun mesmo. quizáis cada día debería conter polo menos unha infidelidade esencial ou unha traición necesaria. trataríase dun acto optimista, esperanzador, que garantiría a fe no futuro..., unha afirmación de que as cousas poden ser non só diferentes, senón tamén mellores.
....... pertence a unha xeración de mulleres dadas á desaprobación. ela pensa que é feminista, pero simplemente ten mal carácter.
1.8.06
inout
tomo varias direccións diferentes. ao mesmo tempo. chego ao mesmo lugar sen fragmentar. sego enteiro.
un océano cúbrese só con outro. e creo que hai varios. perdinme esa clase.
necesito unha resposta, tanto como sempre, máis que nunca, igual que todos. ou non.
o lume é unha resposta. agora hai que coñecer o problema.
OUT:
se o estado de israel existe por decisión das Nacións Unidas, por qué o estado de israel quere rematar coas nacións unidas en alianza coa ultradereita yanki? necesita israel un psicoanalista ou un enterrador?
31.7.06
desordes veciños
resulta que como un ano despois de parón, vacacións ou descanso, vamos, non sei, reaparece o que eu creo dos 3 ou 4 mellores blós galegos. se eu teño un bló de feito é en parte por lelo: o home gris. quizáis, e sen ánimo ningún de polemizar, creo que do mellor da literatura hoxe, inda que non exclusivamente por suposto, está niste lado do espello.
descubro outro bló fabuloso pero que resulta excesivamente intenso para ler dun tirón (ou en tres ou catro, vaia), hai que dosificalo, algo así como que a dose fai o veneno, trátase de ponme a secar. supoño que hai que mollarse senón é que non se entera un de nada. sego a opinar o mesmo do espello.
e confeso que leo from hell. ao principio mesmo irritábame un pouco pero hai que pillarlle o truco e entender, que ao final, o colega Hank é unha referencia por algo.
disfrutádeos
30.7.06
27.7.06
a historia do amor
xa sei para qué serve un blog 17.0
26.7.06
varanos de komodo
25.7.06
buraco negro
e só eu sei o que me fode
24.7.06
nous résisterons
1. pasa unha charanga destas que meten moito ruido coreando o estribillo "maricón el que no baileeéee". lánzolles a mirada máis cargada de desprezo que podo conquerir, pero nada, hoxe son invisible. danme ganas de chamar ao concello. a xente, efectivamente, baila.
2. saco cartos nun caixeiro de caixa galicia. advirto que hai gardas de seguridade en todos eles. un fala por móbil e pillo unha frase solta "..... por si tiran un có-tel molotov....". vólvomo sorprendido e o segurata baixa a voz.
21.7.06
as fotos do odio




creo que é o peor da humanidade. peor que o de irak, peor que guantánamo, peor que o de milósevic.... estas nenas debería estar a xorgar nun xardín, a imitar a Madonna fronte a MTV... detrás vese algún adulto: deberían ser xulgados por crímenes contra a humanidade e, por susposto, deberíaselles quitárselle a patria potestade aos pais e nais das nenas de xeito fulminante. non se me ocurre ningún castigo, legal, que poidera estar a altura. se isto é promovido polo estado de israel, logo, están perdidos: a sua mesquindade é infinita.
só agardo que algún día, algunha destas nenas se decate de todo. mentres, só a tristura fonda.
desorde de verán

- The Pillow Book. onte vinna en compaña de sj. a peli é de 1996, así que pasei unha década sen ver esa maravilla. repillareina en dvd.
- Odio. vexo no País e na VozdeSuAmo unha foto que me horroriza por completo. penso que é o peor crime que se pode facer. intento localizar a foto a través das webs dos xornais e de google e nada de nada. desaparecida. na foto saen unhas neniñas como de 7 ou 9 anos xudeas escribindo cun rotulador mensaxes nos misís que os israelís lanzan sobre o líbano. para min supón o colmo da perversidade. garanten o odio durante dúas xeracións máis. pódense lanzar bombas e cometer crimes pero a perversión do futuro non ten perdón. de ninguén.
- Intuición: o peor de todo é que intuo ben pero non me fago caso. logo fágome demasiado caso noutros eidos, así que todo está en desorde. paciencia.
- Cú: o de (s). aristogátoff e eu ollamolo fascinados e cun punto de tolemia de desexo incontrolado na mirada. é o lóxico.
- Música t(o) pásame "españa es de puta madre, con toreros / me gusta la paella para ti y para ella" de Chimo Bayo. non lembraba semellante megafrikada. Go!
- o de sempre. nos blós aparece moito un grupo mediocre de power pop compostelano, the hommens, ben acollido nos lugares comúns de sempre. mentres a mellor banda en anos que saiu desta terra, nadadora, pois non se lle presta antención (aquí). problemas liguísiticos. agora pregúntome qué vai pasar con outra superprometedora banda que canta en inglés tamén de compostela: 6pm (sixpiém), creo que se autodenominan así. non é que volte a secta, sempre estivo aí.
20.7.06
I just come by to run you over
I just come by to see you quiver
You can come, you can slip inside, babe
Killer eyes and a burning heart, babe
Don't you know you need no other
I'm the man who loves your mother
Open up your arms to me, girl
Let me feel your wild heart beat, girl
Sweet lips, flowers and cream
Deep in love, surrender pink steam
Deep in love, you need no other
Deep in love, your lonely lover
I feel your wild heart beat
Lonely lover
Open up to me
Lonely mother
Your sweet lips are mine
like flowers and cream
Killer, killer eyes
surrender pink steam
18.7.06
noite de calor (aldea)
tomates
por iso cabréame tanto que duns anos para aquí sexa tan difícil atopar bos tomates: todos saben ao mesmo, a nada, e se queres un que realmente saiba a algo tes que pagar cifras escandalosas que pago fruncindo o ceño. o aspecto: todos iguais, son tomates clónicos, perfectos, é o soño de Hitler pero en hortaliza, Hitler na túa bolsa da compra, toda a ideoloxía do planeta nesa mesma bolsa.
por iso cando a miña tía me da unha cesta chea de tomates da súa horta, grandes pequenos perfectos imperfectos máis vermellos menos, eu visito o ceo cada vez que meto un na boca e o seu saibo estálame dentro e penso que non todo está perdido.
14.7.06
binarios
verán 1
hoxe sei que estamos no verán e que as moscas teñen máis ollos dos que pode aturar o seu pequeno cerebro, por iso sempre están a foder. como as pirañas.
12.7.06
a nai de todos os botellóns


Fotos: xente chuzándose, lixo e a versión de S. Fermín nun bar de ambiente: s. fermín con cabeza de barbie e unha barbie espida por riba con cabeza de deusa budista da fertilidade, por suposto a barbie cunha prenda vermella.6.7.06
Brigitte
_ a gran evasión: san fermines. vou ver touros, vascos e australianos.
_ onte na estrada: coches cargados de mochilas, rapaces facendo dedo con dirección a ortigueira. só de pensalo, enfermo: maxino djembés, gaitas, litronas, litros, kalimotxos, vómitos... vinteañeiros con pintas de guais arrasando dunas e enchendo todo de lixo... o dito, enfermo só de maxinalo.
_ Brigitte, Los Planetas (super 8, 1994)
A veces quiero estar así, a veces sólo quiero huir, a veces pienso que tan soló ha sido un sueño, y que aún estas aquí, aún estas aquí.
víctimas que morren para algo
se hai víctimas que morren para nada, quere dicir que hai víctimas que SI que morren para algo. gustaríame que explicara qué victimas morren para algo.
claro que se cadra Aznar é de ETA, e consideran que morreron sen que se acadara a independencia do país vasco. unha mágoa.
a traxedia de Aznar é que non ten ningún amigo que lle diga que cale.
3.7.06
abducido
_______________
e abducido por 'o señor da guerra'. impresionante película, brutalmente sinceira. imprescindible para respostar as típicas preguntas que as veces, inxenuamente, facémonos sobre o mundo porque o terrible é que está baseada en feitos reais.
2.7.06
astrud + old sensations
_ mentres pasa, creo que con 5 ou 6 frases podería cambiar o mundo. o único problema é ter a audiencia precisa (dende a brutalautoconfianza ao pesimismo: nótese que se non cambio o mundo é por culpa dos "demais")
_ volve a sensación: nunca me entero de nada.
_ outra sensación, a do holograma: metes a man e non hai nada. santo tomás, además de santo, era sabio.
_ e unha sensación máis: a do utilitarismo. por exemplo.
1.7.06
en desorde
1. capitalismo cultural: por fin saiu rather ripped o novo disco de sonic youth. estouno a escoitar. é boísimo e a 1ª canción reena é deliciosa. sen deixar de ser quen son fanse un pouco máis asequibles.2. capitalismo cultural: saiu o dvd coa xira do ano pasado de pj harvey. fantástica.
3. pasa unha rapaza cun busto (qué verba máis antiga!) bastante significativo. pasa un cura rodeado de adolescentes que parecen ser seminaristas. o cura di: 'menudo atril lleva esa'. os seminaristas rin a gracieta. eu lanzolles unha mirada cun océano de odio detrás. tensanse.
4. o máis importante era: de oca en oca e tiro porque me toca. sego a xogar. todo o demáis ten pouca solución e da igual: fantástica desorde.
5. qué parte hai de desexo e qué parte hai de cerebro para recorrer un camiño?


