23.12.06

Peña rara

Camiñando polas rúas de noite, localizo mandas e mandas de rapaciñas en minisaia con antenitas de reno. Supoño que pensarán que iso é normal. A min paréceme un síntoma preocupante (as antenitas, non as minisaias).
E mentres as antenitas de reno invaden as rúas os gardiáns das esencias preocupados por unha guitarra. Supoño que non hai outras cousas sobre as que preocuparse no país.

3 comentários:

oko disse...

viven noutro mundo

Desorde disse...

Non sei, se cadra son eu o que vivo noutro sistema planetario...

Anônimo disse...

Ti vives noutro sistema planetario sen ningunha dúbida, parruliño!

En calquera caso si que hai cousas máis importantes sobre as que preocuparse: que lle regalo ao meu cuñado, o cambio climático, que zapatos combinan con esta gravata, as explosións dos oleoductos...