6.9.06

cruzando as liñas vermellas

o día da manifa anti-lume/anti-terrorista organizada pola plataformanuncamais, r(a) e m(o) paseaban co seu bonito bebé de 5 meses. pasan tres mozotes recubertos de pegatas e cun megáfono, procedentes da manifa. no momento de pasar, un dos mozotes activa o megáfono, mete un roído tremendo e esperta o bebé. r(a) vérralles algo así como 'pero no ves que me acabas de despertar al niño'. o mozote do megáfono dille 'pero ti, qué dis, que nin siquiera es de aquí' (efectivamente, r(a) non naceu "aquí"). m(o) enfádase e xura en galego (non en arameo), o mozote segue nas súas trece e chámalle 'españolista'. m(o) chámalle fillodeputa e máis cousas, os mozotes seguen a camiñar.

7 comentários:

ascárida disse...

para que nacionalidade dis que vas mudar? eu tamen quero.

Anônimo disse...

Habelos hainos...

Zerovacas disse...

Hai xente ruin en todas partes. Sobre todo aqueles que levan bandeiras (e megáfono)

X disse...

Mal o enfoque, mal o post, mal o comentario de msp, hoxe, definitivamente MAL.

oko disse...

nunca máis non son santo da miña devoción, nin pra ben nin pra mal, pero dentro tamén hai xente boa, como en todas partes.
eu estiven nesa manifestación, e non espertei a ningún neno, nin lle gritei españolista a ninguén, nin comunguei cos da upg (e non creo que o faga nunca)
xeneralizar non sempre é bo

Desorde disse...

uf:
un post pode gustar ou non, pódese estar dacordo ou non co contido, a forma pode ter maior ou menos corrección e ista pode ser máis ou menos estilosa, pero un post nunca pode estar mal porque "mal" é subxectivo e con tal de q estea ben para o autor...
e o comentario de msp paréceme tan ou máis acertado como (case) calquera outro.
oko: realmente cres que estou xeralizando? permíteme unha maldade: coido que os xornalistas e a lectura entre liñas tendes unha relación difícil. tomar tempo é moi útil ;) (disculpas pola maldade).

oko disse...

malo!!!! outravolta repito: non todos os xornalistas somos iguais... xD ( e eu, que nin sequera son xornalita ao 100%...)
sei por onde van os tiros neste post, sabíao cando puxen o primeiro comentario. só puntualicei... ou iso pretendía...