1.7.06

en desorde

1. capitalismo cultural: por fin saiu rather ripped o novo disco de sonic youth. estouno a escoitar. é boísimo e a 1ª canción reena é deliciosa. sen deixar de ser quen son fanse un pouco máis asequibles.
2. capitalismo cultural: saiu o dvd coa xira do ano pasado de pj harvey. fantástica.
3. pasa unha rapaza cun busto (qué verba máis antiga!) bastante significativo. pasa un cura rodeado de adolescentes que parecen ser seminaristas. o cura di: 'menudo atril lleva esa'. os seminaristas rin a gracieta. eu lanzolles unha mirada cun océano de odio detrás. tensanse.
4. o máis importante era: de oca en oca e tiro porque me toca. sego a xogar. todo o demáis ten pouca solución e da igual: fantástica desorde.
5. qué parte hai de desexo e qué parte hai de cerebro para recorrer un camiño?

3 comentários:

Anônimo disse...

3. Home de ollar poderoso.
4. De oca a oca só no caso de que o interesante sexa gañar a partida.
5.
-Eh, ti, quero andar ese camiño que tes aí diante -dille o desexo ao cerebro.
-Vale tío, pero agarda que penso, ao mellor non nos convén ese camiño -contéstalle o cerebro.
-Paspán, non te me vaias de listo, eh, non tes que pensar nada, ou non ves que estou obsesionado?, non o ves, eh?, dixen ese camiño e morra o conto -o desexo alporizándose.
-Pero terei que ver que perna movo antes, non?, e non me quentes que me trabuco e lanzo a perna que non é e alí imos de morros e nin camiño nin hostias -o cerebro sedento de vinganza.
Decida vostede.

Anônimo disse...

4) De seguridade en seguridade e tiro, porque non podo deter o tempo que me empurra.
5) Se cadra hai unha sinerxia no continuo diálogo entre o desexo e a razón, que é a que establece a dirección e a intensidade.
Un saúdo

Incitatus disse...

desorde e azar son unha combinación perfecta