31.7.06

desordes veciños

desordes veciños: non vou falar da vecinita dos collóns que pon o reggetón a toda máquina e á que, encarecidamente e de xeito regular como a lúa, lle pido que baixe un pouco a música. non, vou falar doutros blós así por facer un descanso.
resulta que como un ano despois de parón, vacacións ou descanso, vamos, non sei, reaparece o que eu creo dos 3 ou 4 mellores blós galegos. se eu teño un bló de feito é en parte por lelo: o home gris. quizáis, e sen ánimo ningún de polemizar, creo que do mellor da literatura hoxe, inda que non exclusivamente por suposto, está niste lado do espello.
descubro outro bló fabuloso pero que resulta excesivamente intenso para ler dun tirón (ou en tres ou catro, vaia), hai que dosificalo, algo así como que a dose fai o veneno, trátase de ponme a secar. supoño que hai que mollarse senón é que non se entera un de nada. sego a opinar o mesmo do espello.
e confeso que leo from hell. ao principio mesmo irritábame un pouco pero hai que pillarlle o truco e entender, que ao final, o colega Hank é unha referencia por algo.
disfrutádeos

2 comentários:

Madeleine disse...

cáseque os do regetón son peores que os dos taladros, non lle parece? Levo case un mes en coma sen visitalo, síntollo ;)

X disse...

Moi ben o home gris.