6.10.06

língua (galega)

tendo en conta que como non pertenzo a ningunha disas lexións de espertos expertos en língoa galega e roliños colaterais, provintes maioritariamente da filoloxía galega e outras fábricas militares, pois vou dar a miña opinión ao respecto. vouna dar porque hoxe me da por aí.
está claro que a lingoa galega esmorece, e esmorece da pior forma posible, dexenerando, nada de mortes limpas e todo iso, non, dexenera. habería que buscar causas e culpables. causas, as de sempre que tanto se repiten por aí. pero hai uns culpables que se están indo de "rositas"*: refírome ao BNG, a Mesa pola Normalización Linguística e toda a constelación de Satélites.
explícome, esta peña durante xa moitos anos adícanse a:
criminalizar a todo aquel/a que non fale galego, xerando un sentimento de rexeitamento.
desprezar a todo aquel/a que non fala galego todo o rato, agredíndoo.
agredir a todos/as que fan os seus "pinitos"* coa língoa e polo tanto falan un mal galego, rexeitándoos en vez de acollelos e tratalos con mimo.
e, en resume, empregar a língoa como arma e munición ao mesmo tempo.
en definitiva, están creando unha língoa moi apropiada para o rexeitamento, a exclusión, a agresión, o desprezo, o sectarismo, o odio, etc. Obviamente é unha estratéxia criminal e fondamente estúpida.
pero aída hai máis:
cambios constantes nas normativas (xa está ben!), sería interesante montar unha plataforma de afectados e mesmo esixir indemnizacións.
emprego de rarísmos: adóptase (supoño que con bo criterio) verbas do dialecto portugués, pero ao final o que está a saír é unha especie de aliem que acomplexa aos reservorios de galego, particularmente no medio rural.
adóptanse con entusiasmo todos ises rarísmos como autocolante, cartaz, refictir, etc mentres que as expresións e verbas auténticamente galegas desaparecen, por exemplo: "dé" por "dea" ou estexas e chorradas así.
efecto laboratorio: desparecen dúas vogais nos medios de comunicación e por suposto nos dirixentes do BNG, a Mesa e demáis Satélites que en realidade, e con moi contadas excepcións falan un mal castelán con aparenza de pseudogalego. non hai xiros nin construcción galegas. a sensación é: aberración.
hipermegarruralización: a ver cándo nos enteiramos de que xa somos máis nas cidades que nas aldeas, o galego do futuro é urbano ou non vai ser (non vai ser) así que xa está ben de ruralizar o tema en plan mítica reserva india. esa arcadia xa non existe.
son feos/as: esta peña soe ser bastante pouco agraciados, con pouquísimas excepcións (pensaredes, e isto? a qué ven? este tío de que vai? bo, cántos filólogos/as coñecedes que estean bos/boas? cántos directivos/as do BNG e a Mesa e satélites son sexualmente desexables??, a realidade é que esas cousas marcan, agora podedes dubidar se o digo en serio ou en coña).
bueno, xa está ben por hoxe.
NOTA: se algún hipermilitante ou filólogo/a quere deixar a súa sesuda e científica opinión ou simplemente dicir que non teño nin puta idea ou así, pode facelo, a min vaime dar completamente igual, así que recomendaría en realidade non escribir nada, pero como esta peña soe estar ociosa pois aí están os comments. eso sí asegurádevos antes de que en realidade non estades a reforzar a miña tese.
* ooooh, unha expresión española!!

12 comentários:

Ángel Ruiz disse...

Enhorabuena por el comentario. Yo vine a Galicia con ganas de aprender gallego, pero pronto se me quitaron las ganas al ver que se usaba como medio de exclusión, como un garrote. Lo que percibí fue una lengua 'pura' que me atizaban algunos para marcar distancias y luego me encontré con otros que no saben gallego y que perpetran unos engendros que tiembla el misterio (me refiero a gente como Quintana o Touriño), porque es 'políticamente correcto'. Lo que veo es que la gente normal (los que van al mercado de Santiago) habla un gallego 'impuro', pero mucho más bonito, aunque los suspenderían en la ESO. Y mientras, la MESA dando la paliza, como si fueran comisarios políticos.
Hay otro motivo para que no aprenda gallego: las clases en la Universidad son de ¡8 a 9! de la mañana. Como para inmolarse con ese horario.
Lo de la fealdad de los filólogos o filólogas sí que es más discutible, pero bueno, los filólogos no vamos a montar un pollo por eso.
Sí que se puede decir que el gallego es la lengua más sometida a los filólogos que conozco. En Alemania intentaron hacer una mínima reforma ortográfica y se montó un lío de cuidado. Aquí cambian cada poco y nadie se aclara (amigos míos que no se atreven a publicar un libro hasta que se lo corrija uno de Filología Gallega). Uno de Filología Gallega descubre un papel medieval y ya hay que cambiarlo todo.

X disse...

Que se quite todo canto estudoso hai, Desorde atopou a verdade que nos ha iluminar a todos, sen dúbida ningunha podemos dicir e dicimos que o problema da lingua galega é que os filólogos non están bos :D

Anônimo disse...

Si os filologos/as ou non está bos/as é discutible.
O que é menos discutible e o puritanismo da cultura auténticamente bloqueira, que ha de reflectise nunha forma de vestir aceptable pola comunidade (look popular), nunha forma de falar aceptable pola comunidade (xeralmente bastante rebuscada), etc. Así nos recoñecemos uns a outros como auténticos nacionalistas galegos.
Vestir, por exemplo, de "progre" e unha sinal de desviación. Igual acontece có idioma.
E isto contao un ao que lle ofreceron unhas ostias por ir a unha asamblea de Galiza Nova con garabata. Algúns pensaron que era unha provocación e, efectivamente, era unha provocación. Pero hai que ser idiota para deixarse provocar por semellante cousa.
Amen

Anônimo disse...

Penso que levas bastante razón inda que doa lelo.

Anônimo disse...

Hola, enhorabuena por tu comentario. Yo soy gallega y estoy totalmente de acuerdo con ese mal uso que se está dando a la lengua. Se supone que una lengua sirve para comunicarse y el gallego está siendo utilizado como medio de segregación y marginación que impide más que facilta la comunicación.
Con respecto al uso de lusismos en el gallego normativo me resulta bastante innatura porque la lógica evolución del mismo tiende a la lengua con la que convive, el español y eso no es ningún demérito para el gallego, al contrario pues también éste enriquece al español (no nos olvidemos!).
Un saludo.

Anônimo disse...

Estou completamente dacordo co teu comentario. É como abrir unha xanela nunha habitación moi cargada. Que falta moito sentidiño común.
Unha aperta.

Anônimo disse...

Cánto "usuario" anónimo con razón...
:)

Laurindinha disse...

Así que os filólogos somos feos... (pero os de filoloxía galega ou todos?) Non o sabía... ;)

oko disse...

o meu modelo de galego sempre foron os meus pais. estou un pouco ata as narices de que haxa xente que me mire mal por falar do xeito propio da miña zona ou por usar palabras que non son o suficientemente galegas para eles. unha gran parte da xente do bloque non ten puta idea de falar o galego que resistiu durante anos, pero permítense o luxo de dar leccións. E o mesmo pasa cos reintegratas. a maior parte deles se van de guays e falan castelán na casa. nin que me pagaran usaría palabras como "brincadeira", iso non é galego.
o da beleza dos filólogos, bueno, é máis discutible...

Anônimo disse...

Eu vou engadir este comentario, non porque teña nada interesante que dicir senón porque así contribúo a que se use o galego un pouquiño máis.
Tanto teorizar, tanto teorizar. Actuar.
O único que fai que desapareza o galego é deixar de falalo.
Parece unha tontería pero é unha tontería.
Hala.

Anônimo disse...

LÍNGOA?

Asimè Triko disse...

Si señor, así se fala (nunca mellor dito). O certo é que actitudes coma a da mesa pola normalización lingüística (cando proporán a pena de morte para os que non falen galego?) só colleita inimigos para o idioma.

Non sei de onde sacan o galego da normativa, pero eu acórdome sempre da miña avoa, que naceu nunha aldea que daquela estaba incomunicada co resto do mundo, e si que tiña un bo galego, que non se parece nada co da normativa actual.