12.12.06

Pinochet continua vivo (e Fraga tamén)

Pois sí. Pinochet está vivo. É dicir, o seu corpo non, pero el si. Non sei se me explico. A cuestión é que máis de 2000 persoas maniféstanse ao seu favor (é dicir, a favor dun morto, o que supoño é estar a favor do máis alá supoñendo que exista o cal explicaría as 3.000 mortes que o finado en cuestión produciu antes de que a paisana da guadaña o pillara a il).
Este tipo de cousas son preocupantes porque morre o dictador pero eso da igual. Tan preocupante como que o famoso 14 M o PP acadara máis de 9 millóns de votos, ou que logo de 16 anos Fraga seguira acadando maioría (relativa). A propósito de Fraga, opina que deixou Chile mellor do que estaba.
Todo encaixa. E Fraga tamén segue vivo, inda que estea a favor dos mortos.

Fago notar que volto a escribir con maíusculas ao principio da frase. Non o facía e a verdade é que me gusta máis. Non sei se o outro era unha pailanada en plan modernez, creo que sí. Mil disculpas a min mesmo.

3 comentários:

Anônimo disse...

o das maiúsculas... ¿é realmente importante?

(dise produciu, non produxo)

Desorde disse...

si, cariño
é imnportante como ti sabes

Anônimo disse...

Cariño son eu! A quen lle chamas cariño tí?! Vas levar!