Hai tempo que quería escribir sobre isto. O mundo dos blós é unha realidade bastante limitada, como a vida mesma. Así que aí van recomendacións para quen quera ter un bló moi visitado.
1. Ser muller (ou aparentalo). Non é completamente imprescindible pero...
2. Excitar o maxín dos tíos . A maior parte dos que len blós son tíos, así que hai que excitalos. Podes poñer fotos de softcore, glamour erótico, algo picantonas, tías sofisticadas que non se parezan moito as noivas/amigas/coñecidas/irmás, etc.
3. Para cumprir a perfección o punto 2 hai que suxerir sutilmente algún tipo de inclinación bisexual.
4. Ler a Petite Claudine. Polos puntos 2 e 3 xa vos decatariades. É máis que obvio. A inspiración está ben pero hai quen leva esto ao extremo de ler algo na Petite Claudine, poñelo no conxelador unhas semanas ou meses e logo soltalo como se fora unha descuberta orixinal. No fondo é moi útil, porque podes non ter nin idea de porno nin de software libre, lés un rato o bló de Marta Peirano e xa incluso podes escribir artigos (pagados) en medios convencionais.
5. Opinar sobre a actualidade. Obviamente cunha visión máis ou menos socialdemócrata da vida, así como un pouco progre pero sen pasarse e só as veces.
6. Lugares comunes. Unha muller cun punto de vista moi orixinal metería medo, os tipos fuxirían (puntos 2 e 3 aparte). Así que as opinións teñen que ser como o descrito no punto 5, pero con moderación. Por exemplo, se a palma Pinochet podes poñer que o inferno ten outro demo ou caralladas así; fuxir das afirmacións rotundas e bravas, non escribades "por fin palmou o fillo de puta ise" ou "un cabrón menos".
7. Melancolía. Este punto creo que é o que podería caracterizar o "bló galego de éxito". Deixar caer añoranza por un ex amante, ex noivo, ex amiga, os pasteis da abóa... cousas disas. Se se desliza un polo tobogán da ñoñería non só non hai ningún problema senón que é estupendo. Súfrese moito por aquí.
8. Ter de cando en vez, algún chispazo de humor, un pouco ñoño, eso sí. Pero con moderación que ao fin e o cabo somos galegos e o que escribe, suponse, é unha muller (si: é un comentario con un chisco de autoodio, machista e, en definitiva, reaccionario, pero pretende ser meramente descriptivo).
9. Falar un chisco de algo un pouco cultureta: algún libriño, peli ou algunha obra de teatro da vosa localidade (esto soe ter algo de cancha). O da música da moito xogo, hai que ser algo fan dalgunha banda galega (se levan camisetas a raias mellor).
10. Suxerir algo ao respecto do rollo "nación", ou está claro que Gz é unha nación (pero sen extenderse, lembrade punto 5) ou facer como que xa estades de volta diso.
Ben, se atendedes este escueto decálogo, ides ter un bló de éxito. En principio non sabemos moi ben para qué serve un bló, pero unha vez que se ten, serve para que te lean e canto máis, máis medra a túa satisfacción. Tendes a fórmula, agora adiante.
Feliz 2007.

7 comentários:
estou facendo algo mal...vou ter que sufrir máis, que parece que o da ñoñería tamén da puntos, ains, mentres tanto bótoche uns saloucos por aquí, deséxoche un ano destes bos e a ver se comezamos a saber para que serve un bló porque sería interesante.
Bicos!
merda. eu só cumplo o de ser muller -ou aparentalo- e mais o da ñoñería. canto tardarei en ter éxito???
Perseverade, xa sei que queredes o éxito pero o éxito custa!
se non hai leroy...non persevero
Habera que seguir estes consellos..a ver que sae..Jajajja
Un saudo
Gracias, Desorde. Agora coñezo o porqué das miñas coitas (que non coitos). Vou trasvestirme.
¿Se agora empezo a dicir no blogue que non era un home, alguén o vai crer?
Terei que ser ñoña para que mo crean.
Postar um comentário