hoxe, que o saibades, é o día mundial sen coches. en realidade con menos coches. análise super sesudo e profundo: cando se lle adica un día a algo, neste caso a ausencia de coches, é porque realmente o tema está moi mal e non queremos facer nada (serio) por cambialo. supoño que algún día, todos os días serán sen coches, mentres a sufrilos. e os privilexiados que o temos/padecemos a disfrutar da falsa sensación de liberdade que producen. todo á espera dunha nova idade media. ou o revés: agardar a fin dise sistema feudal: quizáis o renacemento.
mentres: ler nas nubes, adiviñar nas ás dos paxaros, cavilar nos pousos do café, intuir no vento, perceber nas sombras, capturar intuicións, analizar intencións, diseccionar alentos, sistematizar azares ...
e tamén explorar soda stereo.
mentres: ler nas nubes, adiviñar nas ás dos paxaros, cavilar nos pousos do café, intuir no vento, perceber nas sombras, capturar intuicións, analizar intencións, diseccionar alentos, sistematizar azares ...
e tamén explorar soda stereo.
3 comentários:
canta razón tes (non teño máis que engadir)
pode vostede pedir por esa boquita. o que desexar escoitar de soda stereo pódocho subministrar ao módico prezo dun convite a café.
tamén son recomendábeis, penso, os discos de gustavo ceratti, o cantante de soda stereo quen, por certo, toca en compostela o día 7.
:) chega Vd,tarde ohqtordv! xa me subministraron un cd con TODO soda sterero... pero igualmente dease por convidado a ise café :)
o día 7 estaremos a escoitar a gustavo ceratti, se Vd. se anima xa sabe
Postar um comentário