Mostrando postagens com marcador Todo estaba claro. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Todo estaba claro. Mostrar todas as postagens

28.5.12

Non pasa nada

 O Rei marcha coa súa amante a pegar tiros aos elefantes a un país africano, mentres o seu xenro declara por roubar. Dívar, o xefe dos xuíces, vaise finde si e finde tamén (de 4 días) a Marbella a pasalo pipa. Rajoy pasease estupefacto, inútil e impotente, escapa dos xornalistas e metese no water a limparse o cú co seu programa. Rato debe de estar nun país tropical tomando unha caipirinha mentres unha garota lle fai unha felación. O novo xefe de Bankia di que non hai que devolver cartos (que se multiplican a cada semana que pasa), hai 11 millóns de persoas en risco de pobreza e/ou exclusión social, pechan os centros de investigación e os científicos fuxen/son deportados. Os hospitais e escolas deterióranse como quen non quere a cousa. O ministro Wert di que sobran 20.000 profesores. Varios millóns de españoles soportamos a actrices patéticas como as Sorayas (mode trascendente/relixioso on) e Cospedal (a ver qué se me ocurre ahora).  Javier Krahe é xulgado por cociñar un cristo e algún rapaz é xulgado por queimar un contentor. Rubalcaba, que se supoña que era listo, non di nada, non fai nada, salvo contemporizar para ver cando cae Rajoy (Rajoy 2ª parte). 
Pero tranquilos aquí non pasa nada, ata que pase. 

Por exemplo que apareza algún populista/fascista que canalice todo o bochorno indecente. 

Ou ata que gañemos a Eurocopa...

16.9.11

O PP e a ensinanza

O da educación (e formación) para o PP é moi sinxelo.
Os pata negra do PP xa teñen colocados aos seus fillos en colexios privados con unha pretendida educación elitista, nalgúns casos. En todas as cidades hai como mínimo un.
O resto deberán ser educados en colexios públicos que esperan se degraden ata conseguir un aunténtico anafalbetismo popular entre as clases medias, por non falar das baixas. En definitiva, chonis e fracasados escolares, man de obra barata, cidadáns que non exercen como tales, doadamente manipulables e convencibles, de memoria feble e disciplina perdida, agradecidos de lamer a man que lles da, ou lles dará, de comer.

E xa está, non hai moito máis, ao fin eo cabo, os papás actuais prácticamente somos xa así.



Boa sorte.

5.2.11

Sen comentarios


Como xa comentei noutras ocasións, dubido que este fulano chegue algún día a presidir algo máis que o PP no que, polo visto, sérvelles calquera cousa. A pesares das enquisas, sego a pensar o mesmo.

1.2.11

Frases subordinadas

Existen persoas de moi diferente natureza.
Hainas que son incapaces de falar con frases subordinadas polo que o seus discursos son secos directos, breves, concisos, simples e sen matiz ningún, sen complexidade. Ese xeito de falar da conta de cómo é o seu cerebro e a súa concepción das ideas. Populista, simple.
Podo poñer algún exemplo deste tipo de fulanos: Aznar, Hugo Chávez e o mestre de todos eles: Feijoo, presidente da Xunta de Galicia.
Agora que cada un saque ás súas conclusións. E se algún lle escoitades a Feijoo unha frase subordinada avisademe. E se a frase subornidada é do tipo: "Eu opino Esto PORQUE bla bla bla", entón, por favor, avisade axiña!


18.10.10

Inflexión

De cando en vez hai que cambiar. Cambiase para mellorar, ou para non empeorar, para sentirse máis a gusto ...
Quería cambiar e xa está. 24 horas despois xa está en marcha o punto de inflexión.
A qué quería cambiar? en realidade ao que sempre quero e do que me desvío constantemente por diferentes razóns. Cambiar a voltar a ser eu. Algo así podería ser

7.10.10

Nobel

Unha vez máis o Nobel de literatura se retrata a si mesmo: Cela, Saramago e agora Vargas Llosa...

28.1.10

Análise lapidaria

O escenario foi unha cafetería de estrada non lonxe da aldea do meu pai, no interior de Lugo. Un deses lugares que nas cidades supoñen que existen. E si, existen. Foi durante o almorzo (café con leite grande e un cruasán bañado en manteiga).
Un paisano le un xornal e di xa están os do bloque armando.
Silencio
Outro paisano di é o que lles vai.
Silencio
O primeiro paisano di cando estiveron no goberno non mandaron nada e aora volven armar
Silencio
Armar é o que saben.

O auténtico achegamento ao conxunto da sociedade (galega) non pasaba por facer unha política populista claramente dereitosa senón por exercer o discurso que algún día tiveron con autoridade. E é aquí a verba clave, autoridade. Efectivamente o galego ten (ou temos, quizáis) unha fascinación atávica, ou polo menos eso creo, hacia á autoridade. De aquí tamén chego a reflexión de M(s) "a máis nacionalista, menos galego".
Poderían dicir que tomén nota pero non é necesario, non a van tomar nunca e, con toda probabilidade, inda que a tomaran non van a ter xamais unha posibilidade de exercela.


9.10.09

Pijos (de mierda)

Pijos ou pijos de mierda, ven a ser o mesmo. O SEA.
Nos meus anos mozos, os pijos eran perfectamente recoñecibles: levis 501 tobilleros, polo lacoste, jersey privata... etc escoitaban a los Hombres G e ... e..... e ... nada máis creo lembrar.
En definitiva, eran unha pandilla de inútiles.
Pasaron os anos e os pijos que coñecía, prácticamente sen excepcións, continuaron a ser fieis a si mesmos: pijos, inútiles, insulsos, tristes, profundísimamente superficiais Agora ben, algúns acadaron postos bastante significativos, sempre vinculados, OH MILAGRO!, á política e curiosamente a partir de determinado partido político, PP. Non teño coñecemento que ningún destacara no eido empresarial (curiosamente...), científico, técnico, etc.
En definitiva a clase dos Pijos de mierda fai en grado sumo o que caracteriza aos españois (por suposto aos galegos) por riba de calquera outra cousa e que é un dos elementos que cohesionan sen dúbida o estado español: confunden ser listos con ser ventaxistas, cabróns, etc. Vamos, o que non consegues por competencia própia consíguelo sendo un aproveitado. A coña é que o creen, vamos que creen que son listos; pasan co seu Audi ou Mercedes e síntense listos, pero eu sei, coma ti, que simplemente son uns corruptiños, quizáis de baixa intensidade, si, pero aí están. Cólanse no tráfico respetando escasamente as normas, son perfectamente insolidarios en todos os ámbitos da súa vida. Pero aí están.
O Ricardo Costa ese da trama Gurtel pasaría por ser un deses pijos que coñecín en Lugo cando era mozo, hoxe, cae, claro, foiselle a olla, espero que sexa como un dominó e vaian caendo todos.

A coña é que a xente os vota. Si, vótaos. É dicir, hai votantes, cidadáns, que admiran a corrupción e a inutilidade.
E curiosamente o país non se cae. Sen dúbida hai alguén que traballa e que non é un inútil, inda que non sei se conducirá un Audi ou un Mercedes, seguramente non.

Hoxe tiven unha reunión cun alto cargo do goberno de Feijoó. Era un inútil absoluto que mira por riba do hombro. O sea, un pijo. Un inútil. Din que todo o mundo ten talento para algunha cousa pero non creo que sea verdade.

O SEA.

O tempo pasou e non o fixo en balde. O virus da pijería, ou pijo way of life extendeuse como unha metástase por todo tipo de ambientes.... ou habería que dicir que neses ambientes perdeuse o pudor: inutilidade, orgullo da intilidade, ventaxismo, crerse listo. Crerse guay. Pero esta xa é outra historia que contarei máis adiante. Hoxe quédome con que un pijo está fulminado, terá que devolver o Infinity e o Franck Muller?

2.10.09

LA ou como non aprender nunca nada.

LA ou como non aprender nunca nada.

La Coruña. La Coruña. LA
La Coruña, ou como non aprender nunca nada. Eso é o que lle pasa á oposición, é dicir ao BNG e por extensión ao PSOE.
Non entendo cómo se pode ser tan fato, tan lerdo.
A estratexia ven de hai 25 anos, 25 anos nos que non aprenderon NADA. O PP tenno moi doado. Cada vez que fai algunha salvaxada pública, algunha bestialidade política saca a colación o LA e alí van de fuciños o BNG e o PSOE, consegue ademáis que discutan entre eles e consegue ocupar páxinas nos xornais.
O PP está a desmantelar o auténtico patrimonio dos cidadáns, a dereita é o que ten que non cré no público nin na sociedade, ... (para qué extenderme). Na miña opinión está a desmantelar o sistema público de saúde (Pilar Farjas, da secta do Opus ... que cré en Deus e eu penso que ogallá exista e así se pudra no inferno), está a desmantelar pouco a pouco o sistema público de educación, está a beneficiar aos amiguiños de sempre coas suas empresiñas de sempre (eso dáselles moi ben..).
E a oposición desaparecida tras o LA. É como tirarlle un oso a un can, ensaliban só con velo.
Pódese sinalar un axioma: a máis LA, máis burrada do goberno do PP.
Pregútome como se pode ser tan tonto. Non hai nada neses dous partidos que teña un mínimo de intelixencia? non saben o que é a estratexia da cortina de fume?
puaj, que noxo.

16.2.09

Galicia bilingüe e outras FRANQUICIAS

Nalgún lugar teño dito que os extremos non é que se toquen, é que se aman, acaríñanse, bícanse con língua, mexturan os suor e demáis líquidos corporais.
Este país é o país das franquicias: se uns desocupados cataláns ou vascos queiman unha foto do rei (de España) sempre teñen que saír un par de desocupados galegos a queimar unha foto. Que hai Herrikotabernas en Euskadi, pois aquí tamén se montan un par delas e tal.
A última franquicia chámase Galicia Bilingüe: que noutros lugares (din que) hai conflicto lingüístico, pois veña aquí tamén o ten que haber, imos montar unha asociación.
Logo a historia xa a coñecemos: montan unha ridícula manifa e non hai problema, que monten o que queiran, faltaban máis. O problema é que ante unha franquicia sempre hai un grupo de franquiciados que perderon calquera chispa de intelixencia a base de regar as neuronas con Estrella Galicia nas Herrikotarbernas locais: móntase unha contramanifestación onde deteñen a algúns e tal. Xa temos o escenario perfecto montado. É tan difícil decatarse que a indiferencia é a arma máis poderosa que existe fronte á franquicia bilingüe? A única forza que teñen é a que lle podan dar os megaintelixentesfranquiciados e quen fai bandeira dos seus complexos.


Mesmo, penso, que este post está de máis, para qué falar diso?


11.12.08

Stalingrado

O futuro, como o pasado, é de quen sabe cultivar a terra, facer medrar nabizas ou plátanos, años, porcos ou coellos. O futuro é de quen sabe matar un cocho e aproveitalo. O futuro é de quen coñece o pH do terreo ou ler nubes. O futuro é comer patacas e cruzar os dedos para que chova a tempo ou non chova de máis.
Stalingrado.
O futuro non terá petróleo, golf, turismo, pijos, paraugas chinos, museos de arte contemporánea, NY, O Cairo ou Sao Paulo.
O futuro son as nabizas e o sitio de Stalingrado.

7.6.08

Patético

Alguén debería escribir unha crónica. O BNG, que se dicían de esquerdas e tal, muda a estrela vermella por unha estrela azul, precisamente azul. En definitiva, o que facían coas súas accións políticas, xa antes de co-ocupar o poder, queda agora meridianamente claro.
Alguén debería explicarlle a Quintana e a súa militancia a importancia e o poder que teñen os símbolos. Claro que é a típica cuestión que se precisa ser explicada fai que mesma explicación sexa inútil.
Todo estaba claro e máis que claro. E ninguén di nada. Patético.

24.3.08

Por se non estivera suficientemente claro

Supoño que visto o visto, a estas alturas está claro que o BNG é unha fronte de dereitas. Por se non estivera suficientemente claro e houbera algún/a inxénuo/a que ainda pense que se trata dunha fronte de esquerdas.
Qué pasou polo camiño? non o teño claro, se cadra sempre foron así e o da estrela vermella é un obxecto decorativo, como unha figurá de Lladró ou de Sargadelos. Supoño que os estatutos dos supermegagalegos tamén son un obxecto decorativo ou se cadra é que o nivel, visto o visto, é tan espectacularmente cutre que esqueceron ler. Esta última opción non é descartable.

Así que, qué carallo se supón que temos que votar os galegos de esquerda? a quén nos podemos queixar? con quén nos podemos aliar? estamos condenados a ir contra todos? .... qué panorama máis chungo.


23.3.08

5º aniversario

Hai cinco anos comezaba o de Irak. 500.000 mortos despois non hai moito que dicir: estivo todo sempre moi claro e continuará estando; só queda saber se é principio ou final.
Hai cousas que cambiaron outras continúan igual.

A foto é unha pintada de Atenas, do 2004.

10.3.08

Efectivamente

El Señor de Provincias nunca vai ser presidente (máis que do PP, claro). Por certo, non perderse esta entrevista onde todo queda claro.
O peor é que poden poñer a alguén peor. Peor en todos os sentidos inda que non coste maxinalo.

N, polo momento, non nacerá nun país de extrema dereita. Simplemente en un país blandiblup e con bastante senso do humor a pesar de todo: este ano se cadra ata vexo eurovisión como non fago dende que era un neno e a vía en b/n.

3.3.08

Galicia. Sicilia

Tras 500 anos de goberno do PP, como quen di, a empresa privada en Galicia ten unhas deliciosas conexións coa Administración Autonómica de tal xeito que non sei que extranos ritos hai que coñecer para poderse iniciar e que te inclúan na mafia que conforman. Curiosamente son os neoliberais do PP os que menos cren na auténtica empresa privada, a que libremente compite. De libre non hai nada, todo está atado e ben atado.
Os outros, os do goberno sociata-nacionata, calcan prácticamente a política que herdaron ao respecto. Os primeiros sabendo perfectamente o que fan e, supoño, sacando a tallada correspondente. Os segundos, case quero pensar, que o fan porque non se enteran nada: eles caeron alí e fan o que poden e, mentres, métenlla doblada vinte veces. Cren que están a xogar o partido pero realmente o campo de xogo queda lonxe dos seus despachos aos que chegan uns fíos que os teledirixen como marionetas. Danse por satisfeitos coa transparencia das contas sen decatarse que as "súas" contas (as oficiais, as administrativas) non son "as contas".

Hoxe vin a varias señoras, por casualidade, que pasaban dos 80 anos ou así, vestidas íntegramente de negro, como madonnas sicilianas, confirmando, unha vez máis esta fermosa conexión. Necesitamos un Coppola que conte as nosas intimidades tanto como os sicilianos necesitaron o Padriño.


16.1.08

(Ultra) Dereita

Está claro que ninguén pode fiarse dun tipo co pelo tinguido e a barba con canas, vamos o Señor de provincias de toda la vida, un tipo acomodaticio, dos que deixan facer, dos que se poñen de perfil ante os problemas, Rajoy. Non creo que sexa como (des)Esperanza pero se cadra é peor, por iso, por deixa facer.
Queda claro que en España xa non queda dereita, só Ultradereita: Gallardón, RIP.
Agora queda por ver qué di o Presidente de Honra, o noso ExMinistro/Presidente da Xunta, Fraga, que foi o padriño de Gallardón no PP.
Se a isto lle sumamos a fichaxe de Pizarro, expresi de Endesa, representante do ultraliberalismo máis montano e por suposto ultranacionalista español (véxase caso Gas Natural). Pois iso que Deus nos libre de que gañe o PP (e iso que son ateo).

31.12.07

O Franquismo: ese periodo de extraordinaria placidez

O ex-ministro/presidentedaxunta está encantado co franquismo. Xa o sabiamos, non é necesario que volva sobre o tema. Por qué tanta insistencia? Qué nos quere dicir en realidade?
Polo menos, hai que recoñecerlle que é coherente e sinceiro: nunca renunciou ao seu pasado. Outros fluctuan nun ectoplasma de opinións contradictorias en función da coxuntura e do seu aproveitamento óptimo. Non é neceario poñer exemplos, hai tantos que levaría moito escribilo e máis leelo.

Aproveito para desexar feliz ano novo*

* qué carallo é un ano novo?

15.10.07

Eso, dime tu por qué

Mayor Oreja: quizáis poucos lembren que cando foi ministro de Aznar era un dos ministro máis valorados. A súa acción política consistía en condenar os atentados con indolencia e mirada vacuna unha vez que estos se producían. Ah!, era ministro do Interior. Agora recoñece ser franquista.
E aquí non pasa nada.
Por qué non se ilegaliza o PP??
Solicito que se ilegalize o PP ou que boten a ese individuo de xeito fulminante.

4.10.07

Mercados

En realidade é todo dun aburrimento extremo.
Ibarretxe convoca unha especie de referendum, ou di que o vai convocar que é o que importa. Queda así ben, de cara aos fans máis recios do PNV, alimenta ao seu público, os seus clientes e diferencia o seu producto do de Imaz, que ten outros clientes. Logo sabe que todo iso é fume e que non vai pasar nada o que lle dará a oportunidade de laiarse do malo que é o estado español durante outros catro anos diante dos seus clientes. Zapatero ten a oportunidade de facer como que é un tipo dialogante pero firme. Os do PP montan en cólera sabendo que todo é un paripé pero alimentando así aos seus clientes e diferenciando máis ainda os seu producto de mercado.
Mentres, todos consiguen que se fale de Euskadi e os auténticos problemas queden a marxe para facer e refacer, cada un no seu chiringuito. Os medios de comunicación ocupan páxinas co culebrón que lles sae gratis.
O problema é que hai idiotas que cren que algo vai en serio: pobres, non entenden o mercado.
É un aburrimento, un deja vu, un bucle, o capitalismo aplicado á fantasía. Todos ganan.