- The Pillow Book. onte vinna en compaña de sj. a peli é de 1996, así que pasei unha década sen ver esa maravilla. repillareina en dvd.
- Odio. vexo no País e na VozdeSuAmo unha foto que me horroriza por completo. penso que é o peor crime que se pode facer. intento localizar a foto a través das webs dos xornais e de google e nada de nada. desaparecida. na foto saen unhas neniñas como de 7 ou 9 anos xudeas escribindo cun rotulador mensaxes nos misís que os israelís lanzan sobre o líbano. para min supón o colmo da perversidade. garanten o odio durante dúas xeracións máis. pódense lanzar bombas e cometer crimes pero a perversión do futuro non ten perdón. de ninguén.
- Intuición: o peor de todo é que intuo ben pero non me fago caso. logo fágome demasiado caso noutros eidos, así que todo está en desorde. paciencia.
- Cú: o de (s). aristogátoff e eu ollamolo fascinados e cun punto de tolemia de desexo incontrolado na mirada. é o lóxico.
- Música t(o) pásame "españa es de puta madre, con toreros / me gusta la paella para ti y para ella" de Chimo Bayo. non lembraba semellante megafrikada. Go!
- o de sempre. nos blós aparece moito un grupo mediocre de power pop compostelano, the hommens, ben acollido nos lugares comúns de sempre. mentres a mellor banda en anos que saiu desta terra, nadadora, pois non se lle presta antención (aquí). problemas liguísiticos. agora pregúntome qué vai pasar con outra superprometedora banda que canta en inglés tamén de compostela: 6pm (sixpiém), creo que se autodenominan así. non é que volte a secta, sempre estivo aí.
21.7.06
desorde de verán
Assinar:
Postar comentários (Atom)
3 comentários:
que ganas teño de ver ese filme!!! agora máis!!!
nota:eu tamen o odio
discrepo tanto con eso de que nadadora sexan a mellor banda galega en anos...
e non, mira, que nalgunhas cousas analizas coma o cú. o 99% deses que dis que falan dos homens nos blogs, estiveron en concertos de nadadora. hai que moverse un chisco máis, desorde.
:) pior mo pos, asca, entón é q teñen o gusto no cú. bicos
Postar um comentário