27.12.05

particularmente, nada. un pouco de selección natural

Nada en particular: encher o bandullo, forzar o fígado, dar e recibir regalos, calibrar o amor da xente lonxana en función de chamadas, mensaxes, mails... ou calibrar a animadversión ao nadal ou incluso a tolerancia á animadversión ao nadal.... Nada. Logo Windfarms, neve e frío pero teño un fantástico gorro novo, italiano, flipante.... Chámanme de urxencias: todo segue en pé. Logo túnel entre Aldeapequena e Aldeagrande. E en medio de todo isto penso e repenso o ano que ven, os anos que veñen, en termos profisionais: calibración de precisión a cegas...
Abro blogger e penso que os blogs están sometidos ás leis da selección natural: hai moitos (en galego, ao parecer, preto dos 1000!) pero só algúns teñen interese, interese en función do meu afán predatorio, en función de que habitan no mesmo ecosistema ca min. Algunhas especies vanse extinguindo, outras aparecen e quédanse: gosto das proteicas e das magnéticas.

Um comentário:

Marinha de Allegue disse...

A mín as que máis me gustan son as magnéticas, mais cada unha ten o seu encanto particular.
:)