24.3.08

Por se non estivera suficientemente claro

Supoño que visto o visto, a estas alturas está claro que o BNG é unha fronte de dereitas. Por se non estivera suficientemente claro e houbera algún/a inxénuo/a que ainda pense que se trata dunha fronte de esquerdas.
Qué pasou polo camiño? non o teño claro, se cadra sempre foron así e o da estrela vermella é un obxecto decorativo, como unha figurá de Lladró ou de Sargadelos. Supoño que os estatutos dos supermegagalegos tamén son un obxecto decorativo ou se cadra é que o nivel, visto o visto, é tan espectacularmente cutre que esqueceron ler. Esta última opción non é descartable.

Así que, qué carallo se supón que temos que votar os galegos de esquerda? a quén nos podemos queixar? con quén nos podemos aliar? estamos condenados a ir contra todos? .... qué panorama máis chungo.


Nenhum comentário: