11.12.08

Stalingrado

O futuro, como o pasado, é de quen sabe cultivar a terra, facer medrar nabizas ou plátanos, años, porcos ou coellos. O futuro é de quen sabe matar un cocho e aproveitalo. O futuro é de quen coñece o pH do terreo ou ler nubes. O futuro é comer patacas e cruzar os dedos para que chova a tempo ou non chova de máis.
Stalingrado.
O futuro non terá petróleo, golf, turismo, pijos, paraugas chinos, museos de arte contemporánea, NY, O Cairo ou Sao Paulo.
O futuro son as nabizas e o sitio de Stalingrado.

Nenhum comentário: