16.9.11

O PP e a ensinanza

O da educación (e formación) para o PP é moi sinxelo.
Os pata negra do PP xa teñen colocados aos seus fillos en colexios privados con unha pretendida educación elitista, nalgúns casos. En todas as cidades hai como mínimo un.
O resto deberán ser educados en colexios públicos que esperan se degraden ata conseguir un aunténtico anafalbetismo popular entre as clases medias, por non falar das baixas. En definitiva, chonis e fracasados escolares, man de obra barata, cidadáns que non exercen como tales, doadamente manipulables e convencibles, de memoria feble e disciplina perdida, agradecidos de lamer a man que lles da, ou lles dará, de comer.

E xa está, non hai moito máis, ao fin eo cabo, os papás actuais prácticamente somos xa así.



Boa sorte.

Nenhum comentário: