4.10.07

Mercados

En realidade é todo dun aburrimento extremo.
Ibarretxe convoca unha especie de referendum, ou di que o vai convocar que é o que importa. Queda así ben, de cara aos fans máis recios do PNV, alimenta ao seu público, os seus clientes e diferencia o seu producto do de Imaz, que ten outros clientes. Logo sabe que todo iso é fume e que non vai pasar nada o que lle dará a oportunidade de laiarse do malo que é o estado español durante outros catro anos diante dos seus clientes. Zapatero ten a oportunidade de facer como que é un tipo dialogante pero firme. Os do PP montan en cólera sabendo que todo é un paripé pero alimentando así aos seus clientes e diferenciando máis ainda os seu producto de mercado.
Mentres, todos consiguen que se fale de Euskadi e os auténticos problemas queden a marxe para facer e refacer, cada un no seu chiringuito. Os medios de comunicación ocupan páxinas co culebrón que lles sae gratis.
O problema é que hai idiotas que cren que algo vai en serio: pobres, non entenden o mercado.
É un aburrimento, un deja vu, un bucle, o capitalismo aplicado á fantasía. Todos ganan.

Um comentário:

Anônimo disse...

http://oollodavaca.blogaliza.org/2007/09/18/non-confundir-cun-retorno-7-duas-reflexions/