16.1.08

(Ultra) Dereita

Está claro que ninguén pode fiarse dun tipo co pelo tinguido e a barba con canas, vamos o Señor de provincias de toda la vida, un tipo acomodaticio, dos que deixan facer, dos que se poñen de perfil ante os problemas, Rajoy. Non creo que sexa como (des)Esperanza pero se cadra é peor, por iso, por deixa facer.
Queda claro que en España xa non queda dereita, só Ultradereita: Gallardón, RIP.
Agora queda por ver qué di o Presidente de Honra, o noso ExMinistro/Presidente da Xunta, Fraga, que foi o padriño de Gallardón no PP.
Se a isto lle sumamos a fichaxe de Pizarro, expresi de Endesa, representante do ultraliberalismo máis montano e por suposto ultranacionalista español (véxase caso Gas Natural). Pois iso que Deus nos libre de que gañe o PP (e iso que son ateo).

2 comentários:

Anônimo disse...

Deus te escoite (que di outro ateo)

Como ganhen estes, vai ser imposible que no estado Espanhol exista nun futuro próximo umha dereita civilizada e europea.

A Conxurada disse...

Eu tamén son atea, pero por esta vez ei rezar para que o señor Rajoy non chegue á Moncloa.