28.5.12

Non pasa nada

 O Rei marcha coa súa amante a pegar tiros aos elefantes a un país africano, mentres o seu xenro declara por roubar. Dívar, o xefe dos xuíces, vaise finde si e finde tamén (de 4 días) a Marbella a pasalo pipa. Rajoy pasease estupefacto, inútil e impotente, escapa dos xornalistas e metese no water a limparse o cú co seu programa. Rato debe de estar nun país tropical tomando unha caipirinha mentres unha garota lle fai unha felación. O novo xefe de Bankia di que non hai que devolver cartos (que se multiplican a cada semana que pasa), hai 11 millóns de persoas en risco de pobreza e/ou exclusión social, pechan os centros de investigación e os científicos fuxen/son deportados. Os hospitais e escolas deterióranse como quen non quere a cousa. O ministro Wert di que sobran 20.000 profesores. Varios millóns de españoles soportamos a actrices patéticas como as Sorayas (mode trascendente/relixioso on) e Cospedal (a ver qué se me ocurre ahora).  Javier Krahe é xulgado por cociñar un cristo e algún rapaz é xulgado por queimar un contentor. Rubalcaba, que se supoña que era listo, non di nada, non fai nada, salvo contemporizar para ver cando cae Rajoy (Rajoy 2ª parte). 
Pero tranquilos aquí non pasa nada, ata que pase. 

Por exemplo que apareza algún populista/fascista que canalice todo o bochorno indecente. 

Ou ata que gañemos a Eurocopa...

2 comentários:

Anônimo disse...

"La humanidad se ha convertido ahora en espectáculo de sí misma,su autoalineación ha alcanzado un grado que le permite vivir su propia destrucción como goce estético".Walter Benjamín.

mailconraul disse...

Cando falas de Rubalcaba noto algo de retraemento. Eu non podo distinguir un can dos outros, para min todos se cheiran o cu cando lles apetece. Un amigo meu dicía que da dereita xa sabemos o que agardar, pero da "esquerda" só podemos agardar que traizoen o seus idearios.