30.6.06

polimorfa desorde

pensando e pensando (mal costume) dame por concluir que en realidade, as personiñas non comenten, ou non comentemos, diferentes erros senón que nos especilizamos nun único erro que adpota diferentes formas. qué tranquilidade da sabelo.
:)
de oca en oca e tiro porque me toca.

28.6.06

a conta atrás

sempre hai unha conta atrás.
o que máis me gusta dos lobos son as mandíbulas: agarran unha presa e non a soltan. isto lémbrame a Maquiavelo (a habilidade e a constancia son as armas da debilidade) inda que non me gusta e debo confesar a miña predilección e devoción por Baltasar Gracián (libro de cabeceira: a necesidade fai a cabeceira).
por outra banda, crer nas feromonas é crer en Deus: ateísmo bioloxicista.
continuamos.

25.6.06

Sahara, Libia, Australiano, Arabigo, Gobi, Kalahari, Sirio, Takla Maklan, Nubia, Thar, Kizil Kum, Atacama, Colorado, Sechura, Negev ...

22.6.06

software predictivo

a(a) suxíreme que me podería lobotomizar.
non estaría mal extraer ese fragmento de información e facer un programa informático con el. sería un xogo en 3D sobre un gilipollas nun laberinto sen saída.
(obrigado a a(a) por ser fonte de inspiración e suxerirme o acertado título)

21.6.06

todo non vale

se estiveramos seguros de:
o que somos
onde vivimos
como vivimos
a nosa identidade individual e colectiva
o que significamos
o que simbolizamos
o pasado
o futuro
etc. coido que non serían necesarios trebellos tipo blogaliza. eu continuarei en blogger porque non quero ser redundante comigo mesmo. (disculpas de antemán se este cacho post molesta a alguén pero se non o solto, revento).
_____
nestes días renace o meu gran amor por polly jean. coincide con momentos de salvaxismo e añoranza (pornografía, non a(o)?) ben, tamén momentos de desexo de algo diferente. todo vale. o caso é que vai sacar un dvd dos seus directos do ano pasado.
e tamén nova é a peli scoop de woody allen que veremos en outono na que ademáis sae scarlett. e tamén para outono paul publica viaxes no scriptorium. así que o planeta ten que aguantar ata outono como mínimo.
sj fala de sonos: sempre saben máis eles de nos que nos deles. no fondo é moi divertido.
xa vai un post perfectamente homologado: agora podedes continuar o voso camiño, participar e pensar nos vosos soños, na vosa identidade, do que queredes desfrutar no outono, de se pagará a pena, de se é suficiente, de se isto é pornográfico ou meramente exhibicionista, do futuro do planeta, scarlett, pj, allen ou paul ... ou non.
todo vale.

18.6.06

fetichismo

en decembro de 2001 viñera á recoller un premio a compostela. alí fun e asinoume un libro mentres intercambiamos un par de frases. poño esto só para dar envexa aos fetichistas.
polo demáis: teño na cabeza battle without honour de Tomayasu Hotei.
así que, coidado!.

14.6.06

desordes (a, b e c)

desorde a (e polo tanto o primeiro)
f(o) non cría no aceiro inoxidable: ao final sempre é 'case' inoxidable. do mesmo xeito que consideraba o inodoro un engano: por qué lle chaman así se sempre cheira algo (ou moito)?
do mesmo xeito eu digo, por qué lle chaman 'pasado' se o pasado nunca pasa?
desorde b
hoxe, no orballo, a(a) pon un post que ben podería escreber eu, cambiando o nome en cuestión claro está. pero non vou escreber nada así: estou refuxiado. así que falarei doutras cousas.
desorde c
por exemplo falarei doutros blós que miro e que me gustan, son blós heteroxéneos, case contradictorios: Juan Freire. é un profe de bioloxía mariña da UDC co que coincidín nunha ocasión, foi moi famoso pois recibiu o agradable piropo de científico de corredoira durante a crise (sic) do Prestige. o seu bló é sorprendente, é como un radar sempre atento ao pensamento máis vangardista. case sorprende que isto se faga dende esteputopais. o rei de copas é outro bló curioso onde nacen frores tan luminosas e valentes como esta. a bola extra: coco rosie, los planetas, un concurso nas cíes, crítica literaria... qué máis dicir? e por último usuaria: entre o fetichismo e a provocación sempre fermoso (usuaria: non me digades que non é un nome tan xenial como sinxelo).
___________________
P.D. e unha selva que irrumpe: a de esmelle

13.6.06

putos aburridos

as veces, pensoo: cómo será ter unha vida aburrida? gustaríame ter unha vida aburrida? eu non sei o que é estar aburrido, non teño nin idea. na desorde no se aburre ninguén nunca. pero penso que se cadra podería ter tido unha existencia aburrida. seguramente estaría insatisfeito, si, pero se cadra tería o que non teño agora: tempo, certa estabilidade.
para ter unha vida aburrida terían que ter concurrido varios factores que vou enumerar, así un pouco ao azar: tería que terme gustado o fútbol, así podería ver agora o mundial nunha tv (mellor de plasma) con relax, tería que non ter ningún tipo de inquedanza polos próximos, polo planeta e todo iso, tería que non gustarme o monte/campo, e decantarme pola filatelia, o cine de autor ou de acción que tanto ten, o porno xaponés, por saír de noite ata caer aburrido nunha esquina de calquera bar, tería que ter estudiado outra carreira, ou, directamente, non ter estudiado ningunha, sen dúbida tería que terme casado coa miña primeira moza e disfrutar do sofá de 4 prazas e da ausencia de sexo, tería que ter estudiado unhas oposicións (f(o) dixo que ser empresario daba subidón..., vale) ou empregar vaselina para ter algún postiño nunha empresa calquera desas que maximizan as economías de escala ata a nausea (o standard é un tipo de nausea).... tería que ter sogros e comidas familiares constantemente, obrigas e todo iso.
pero non, non escollín todo iso porque os aburridos parécenme en xeral, uns putos aburridos. así que durmo pouco, teño algunha taquicardia, as veces a neveira está valeira, igual que a conta do banco... e fago cousas que algúns envexan como levantarme un martes as 10 da mañán ou estar colgado nun puto monte a 0ºC durante horas. (f(o) ten razón, da subidón. valoro cada hora que pasa sexa de día ou de noite, desfruto de 15 minutos naufragando no sofá frente a unha tv que é aburrida sempre. e tamén penso nela, o único no que sei que me gustaría voltar atrás e non aburrirme nunca de cumprir rituais tediosos (a economía de escala no sexo free lance).
todo isto ven a conto de que vin a uns putos aburridos que teño ao meu carón mentras posteo esto (eloxio do wifi) dende un local agradable; teñen a miña idade máis ou menos, pero parécenme precadáveres, como mo parecían cando curramos na mesma empresa, precadáveres que aínda teñen que cobrar centos de anos dunha pensión.
hoxe quedareime a traballar ata que acabe un informe, as tantas seguramente, mañán madrugarei, irei a unha reunión a máis de 100 kilómetros, estarei encantador e profesional, farei os chisteciños xustos, darei opinións medidas e salirei todo contento de superar a proba unha vez máis, para voltar pola autopista localizando radares e lembranzas e pensando se respostará.

12.6.06

ven

véxoo de lonxe e achégase. levanta do chan pouco máis que un can grande. mírame con confianza e curiosidade. quero crer no doado que resulta todo.

11.6.06

auténtico

estabamos a atopar aparcamento cando eu fago un comentario sobre os cus de dúas mulleres. m(s) dime con sorrisa malévola que por qué non saco ese lado meu en desorde e me deixo de tanto rollo así como guai e tal. eu xa lle digo que para eso xa está o outro bló. todos/a no coche sonreímos malévolamente.
todo iso lémbrame a cando m(o), díxome fai unhas semanas que as veces puña esa cara de asesino nato e era de puta madre.

10.6.06

nalgún lugar da galaxia desorde 37


choiva de meteoritos.
sistemas incendiados dispón de 10 segundos para abandoar a nave: 10 wiii wiii wiii 9 wiii wiii wiii 8 wiii wiii wiii 7 wiii wiii wiii 6 wiii wiii wiii 5 wiii wiii wiii 4 wiii wiii wiii 3 wiii wiii wiii 2 wiii wiii wiii 1

8.6.06

noite de calor (cidade)


os pes descalzos, as xanelas abertas. escoitanse grilos e incluso un par de sapos. algún coche pasa veloz na distancia. unha veciña pasea un cadeliño ridículo. sempre gostei destas noites e non acabo de entender moi ben a quen se queixa da calor.

6.6.06

in-significante

hoxe é o día 6 do 6 do 6: 666 o número da besta. e levo escoitando caralladas todo o día ao respecto. aparte da curiosidade e da sonoridade do número sego a opinar que
  • os números (666 ...)
  • os lugares (esta é a rúa onde a coñecín ...)
  • os obxectos (este regaloumo ...)
e todo iso, non significan nada ( incluso non significa nada o libro asinado polo propio paul que teño e que algún día amosarei, só por dar envexa aos fetichistas :) )
só importa o que poideran simbolizar.
_______________________
p.s. ao final sí que parece un pouco o día da besta. da besta parda/va.

5.6.06

Bjork - PJ Harvey

é a primeira vez que posteo un video. así que tiña que ser algo moi especial: poño a dous dos meus animais favoritos. xuntas. cada vez que o vexo/escoito pónseme a pel de pita ata a das zapatillas. e, por certo, que me resulta difícil maxinar maiores doses de erotismo.

4.6.06

contrapublicidade

seguindo o meu agudísimo criterio non exento de certa perversión, creo que do peor que lle pode pasar a un bló é que lle caigan loubanzas de certo individuo que se atopa entre as miñas fobias. qué lle vou facer ;-)