13.6.06

putos aburridos

as veces, pensoo: cómo será ter unha vida aburrida? gustaríame ter unha vida aburrida? eu non sei o que é estar aburrido, non teño nin idea. na desorde no se aburre ninguén nunca. pero penso que se cadra podería ter tido unha existencia aburrida. seguramente estaría insatisfeito, si, pero se cadra tería o que non teño agora: tempo, certa estabilidade.
para ter unha vida aburrida terían que ter concurrido varios factores que vou enumerar, así un pouco ao azar: tería que terme gustado o fútbol, así podería ver agora o mundial nunha tv (mellor de plasma) con relax, tería que non ter ningún tipo de inquedanza polos próximos, polo planeta e todo iso, tería que non gustarme o monte/campo, e decantarme pola filatelia, o cine de autor ou de acción que tanto ten, o porno xaponés, por saír de noite ata caer aburrido nunha esquina de calquera bar, tería que ter estudiado outra carreira, ou, directamente, non ter estudiado ningunha, sen dúbida tería que terme casado coa miña primeira moza e disfrutar do sofá de 4 prazas e da ausencia de sexo, tería que ter estudiado unhas oposicións (f(o) dixo que ser empresario daba subidón..., vale) ou empregar vaselina para ter algún postiño nunha empresa calquera desas que maximizan as economías de escala ata a nausea (o standard é un tipo de nausea).... tería que ter sogros e comidas familiares constantemente, obrigas e todo iso.
pero non, non escollín todo iso porque os aburridos parécenme en xeral, uns putos aburridos. así que durmo pouco, teño algunha taquicardia, as veces a neveira está valeira, igual que a conta do banco... e fago cousas que algúns envexan como levantarme un martes as 10 da mañán ou estar colgado nun puto monte a 0ºC durante horas. (f(o) ten razón, da subidón. valoro cada hora que pasa sexa de día ou de noite, desfruto de 15 minutos naufragando no sofá frente a unha tv que é aburrida sempre. e tamén penso nela, o único no que sei que me gustaría voltar atrás e non aburrirme nunca de cumprir rituais tediosos (a economía de escala no sexo free lance).
todo isto ven a conto de que vin a uns putos aburridos que teño ao meu carón mentras posteo esto (eloxio do wifi) dende un local agradable; teñen a miña idade máis ou menos, pero parécenme precadáveres, como mo parecían cando curramos na mesma empresa, precadáveres que aínda teñen que cobrar centos de anos dunha pensión.
hoxe quedareime a traballar ata que acabe un informe, as tantas seguramente, mañán madrugarei, irei a unha reunión a máis de 100 kilómetros, estarei encantador e profesional, farei os chisteciños xustos, darei opinións medidas e salirei todo contento de superar a proba unha vez máis, para voltar pola autopista localizando radares e lembranzas e pensando se respostará.

5 comentários:

oko disse...

pode sentirse vostede afortunado, logo!!!
(a min xa mo parecía, pero...)parabéns por non ser un aburrido

Anônimo disse...

espero que dentro duns aniños me pareza máis a ti, con esa desorde que tanto me gusta, que esa panda de zoombies... sempre me gustaron as especies en extinción. coma ti.

Madeleine disse...

Como disfrutei desta última lectura! Un dos medos máis fortes da miña vida é chegar a ser un deses precadáveres (ese medo é o que me fai deixar a mozos que poden ser en potencia como eses que contas) O feito de nos decatemos é marabilloso. xa dicía Séneca que "os homes felices son os máis infelices", estou segura de que esa parella pensábase do máis afortunado.
Tentar que a miña vida sexa algo marabillosa, ou por defecto DISTINTA, e o máis grande que lle poderei agradecer nunca ao meu irmán

llll disse...

e, en cambio, cómo botamos en falta esa rutina cando todo se derruba...

X disse...

A sublimación da opción propia xorde especialmente nos momentos de crise en que precisamos reafirmarnos na nosa opción.