desorde a (e polo tanto o primeiro)
f(o) non cría no aceiro inoxidable: ao final sempre é 'case' inoxidable. do mesmo xeito que consideraba o inodoro un engano: por qué lle chaman así se sempre cheira algo (ou moito)?
do mesmo xeito eu digo, por qué lle chaman 'pasado' se o pasado nunca pasa?
desorde b
hoxe, no orballo, a(a) pon un post que ben podería escreber eu, cambiando o nome en cuestión claro está. pero non vou escreber nada así: estou refuxiado. así que falarei doutras cousas.
desorde c
por exemplo falarei doutros blós que miro e que me gustan, son blós heteroxéneos, case contradictorios: Juan Freire. é un profe de bioloxía mariña da UDC co que coincidín nunha ocasión, foi moi famoso pois recibiu o agradable piropo de científico de corredoira durante a crise (sic) do Prestige. o seu bló é sorprendente, é como un radar sempre atento ao pensamento máis vangardista. case sorprende que isto se faga dende esteputopais. o rei de copas é outro bló curioso onde nacen frores tan luminosas e valentes como esta. a bola extra: coco rosie, los planetas, un concurso nas cíes, crítica literaria... qué máis dicir? e por último usuaria: entre o fetichismo e a provocación sempre fermoso (usuaria: non me digades que non é un nome tan xenial como sinxelo).
___________________
P.D. e unha selva que irrumpe: a de esmelle

4 comentários:
Graciñas pola parte que me toca. Un saúdo.
desorde b: hai cantidades inxentes de persoas nesa situación de refuxiad@
apertas
pois eu coma veloso, graciñas por lerme e difundirme!
:)
Non descubrira aínda este post.
Postar um comentário