
os pes descalzos, as xanelas abertas. escoitanse grilos e incluso un par de sapos. algún coche pasa veloz na distancia. unha veciña pasea un cadeliño ridículo. sempre gostei destas noites e non acabo de entender moi ben a quen se queixa da calor.
Desorde:. 1. Confusión e alteración da orde. 2. m. Perturbación da orde e disciplina dun grupo, dunha reunión, dunha comunidade de persoas. Vivo nun país desordenado. Teño un escritorio ordeadamente desordenado. Só vexo xente desordeada. ¿Qué puedo hacer si no puedo hacer nada? Para acabar con algo que no acaba
5 comentários:
totalmente de acordo contigo xD
a min tamén me gusta o son dos grilos, ou cando os sapiños pequenos se meten por tras da porta da horta e se agochan detrás dalgunha tubería na procura de humidade. pero eu son un bicho de frío e co calor estou ao cincuenta por cento, que lle vou facer?
mi madriña, será que eu son de onde son... , pero co ben que se está estes días!!! antes cocida que conxelada
pois eu non entendo aos que me din que a miña casa é unha merda porque dá moi pouco o sol... co de marabilla que estiven estes días! se non notei que facía calor nunca!
Nin tanta nin tan pouca...
Unha aperta.
:)
Postar um comentário