o que somos
onde vivimos
como vivimos
a nosa identidade individual e colectiva
o que significamos
o que simbolizamos
o pasado
o futuro
etc. coido que non serían necesarios trebellos tipo blogaliza. eu continuarei en blogger porque non quero ser redundante comigo mesmo. (disculpas de antemán se este cacho post molesta a alguén pero se non o solto, revento).
_____
nestes días renace o meu gran amor por polly jean. coincide con momentos de salvaxismo e añoranza (pornografía, non a(o)?) ben, tamén momentos de desexo de algo diferente. todo vale. o caso é que vai sacar un dvd dos seus directos do ano pasado.e tamén nova é a peli scoop de woody allen que veremos en outono na que ademáis sae scarlett. e tamén para outono paul publica viaxes no scriptorium. así que o planeta ten que aguantar ata outono como mínimo.
sj fala de sonos: sempre saben máis eles de nos que nos deles. no fondo é moi divertido.
xa vai un post perfectamente homologado: agora podedes continuar o voso camiño, participar e pensar nos vosos soños, na vosa identidade, do que queredes desfrutar no outono, de se pagará a pena, de se é suficiente, de se isto é pornográfico ou meramente exhibicionista, do futuro do planeta, scarlett, pj, allen ou paul ... ou non.
todo vale.
todo vale.
4 comentários:
Das tantas alternativas que non sei que pensar :-)
Quen dí o que vale???.
Unha aperta.
:)
tamén me manterei fiel en blogspot, máis que nada por preguiza. ademais, creo que o compromiso vai por outros lados. un saúdo.
eu é que teño obsesión con mellorarme a min mesma sempre que podo. restos dun antigo perfeccionismo xD que lle vou facer son así? aceptarme, non?
non te preocupes que eu non me sentín ofendida. agradécese a sinceridade.
Postar um comentário