27.1.08

Vai ser sempre así (?)

Nas últimas eleccións xerais do Estado pensei que era imprescindible que a ultradereita non voltara gobernar en España; atopábame francamente anguriado fronte a isa posibilidade.
Agora, 4 anos despois penso o mesmo pero incluso con moita máis intensidade. Maxinar un escenario col sr do pelo tinguido de Presidente... Acebes, Zaplana, Pizarro, Aznar por detrás... mete medo.

Supoño que vai ser sempre así.


Apropiacións

Xa teño comentado nalgúnha outra ocasión algo semellante ao respecto da lingua. Esto podería ser máis ou menos o mesmo e consiste no seguinte: hai unha campaña da Consellería do Rural para promocionar os queixos galegos e falan da "marea blanca de Galiza". Ao mesmo tempo as Consellerías de Industria e de Cultura están cunha campaña "Galicia, somos potencia".
O de marea blanca de Galicia fai referencia directa á marea de voluntarios con buzos brancos que limparon o chapapote do Prestige e no video de Somos Potencia podemos ver voluntarios igualmente limpando o chapapote.
É unha perversión ética ao tempo que un enorme erro para o BNG apropiarse de algo común, neste caso o tema do voluntariado. O da ética creo que nin é necesario explicalo, o de erro é consecuencia do anterior: tratar de apropiarse de cousas que non son dun ao final é un roubo e os ladróns xeran rexeitamento, ademáis, neste caso, de causar unha pequena fenda máis; en definitiva atopas o contrario do efecto perseguido. Claro que esta formación dereitista leva unha deriva terrible na última década....



18.1.08

Resurección

My Bloody Valentine, banda de cabeceira, reúnense de novo (16 anos despois?). Ata van tocar no FIB
Non sei, quizáis que Sofía Coppola incluira esta canción Lost in Traslation teña algo que ver (de aí o video que era o que tiña mellor son).
Expectación como mínimo.

17.1.08

Fedellar

Á vista de todo o que quero fedellar, a falla de tempo e a miña lentitude/infeficiencia está claro que
non me queda outro remedio que vivir varias vidas.


16.1.08

(Ultra) Dereita

Está claro que ninguén pode fiarse dun tipo co pelo tinguido e a barba con canas, vamos o Señor de provincias de toda la vida, un tipo acomodaticio, dos que deixan facer, dos que se poñen de perfil ante os problemas, Rajoy. Non creo que sexa como (des)Esperanza pero se cadra é peor, por iso, por deixa facer.
Queda claro que en España xa non queda dereita, só Ultradereita: Gallardón, RIP.
Agora queda por ver qué di o Presidente de Honra, o noso ExMinistro/Presidente da Xunta, Fraga, que foi o padriño de Gallardón no PP.
Se a isto lle sumamos a fichaxe de Pizarro, expresi de Endesa, representante do ultraliberalismo máis montano e por suposto ultranacionalista español (véxase caso Gas Natural). Pois iso que Deus nos libre de que gañe o PP (e iso que son ateo).

11.1.08

Ir e vir. Ao Gólgota

Ir e vir, ou o que se viu e non se vai ver: criptico, non?
Ben, hoxe enterran un tío meu. Que non vai ver este monte estragado por un parque eólico, pola neglixencia, pola codicia, polo deslexo... E N nunca o verá como foi dende hai milleiros de anos: a primeira vez que o vexa será unha área industrial e a paisaxe será menos fermosa e haberá algún rico máis por aí.
Hai anos LeC, entusiasmadamente nihilistas, dicían que o mundo a día de hoxe é brutalmente máis feo que o día que naces. Tiñan, obviamente, razón.
Posiblmente vaia pasear por alí dentro duns días inda que as máquinas están xa nas pistas. Non voltarei nunca máis inda que cada vez que amaneza en aldeapequena e abra á ventá ao sur vereinos alí, como cruces no monte Gólgota.