Xa teño comentado nalgúnha outra ocasión algo semellante ao respecto da lingua. Esto podería ser máis ou menos o mesmo e consiste no seguinte: hai unha campaña da Consellería do Rural para promocionar os queixos galegos e falan da "marea blanca de Galiza". Ao mesmo tempo as Consellerías de Industria e de Cultura están cunha campaña "Galicia, somos potencia".
O de marea blanca de Galicia fai referencia directa á marea de voluntarios con buzos brancos que limparon o chapapote do Prestige e no video de Somos Potencia podemos ver voluntarios igualmente limpando o chapapote.
É unha perversión ética ao tempo que un enorme erro para o BNG apropiarse de algo común, neste caso o tema do voluntariado. O da ética creo que nin é necesario explicalo, o de erro é consecuencia do anterior: tratar de apropiarse de cousas que non son dun ao final é un roubo e os ladróns xeran rexeitamento, ademáis, neste caso, de causar unha pequena fenda máis; en definitiva atopas o contrario do efecto perseguido. Claro que esta formación dereitista leva unha deriva terrible na última década....

Um comentário:
Completamente dacordo. É dicir, que ambas as dúas campaña parécenme unha carallada (non é un termo moi válido para a análise política, pero...). Só unha cousa (é que me chamou a atención ao ler o post): a campaña de Somos Potencia é de Benestar e Industria, non de Cultura.
Saúdos
Postar um comentário