4.3.10

De corridas e touros

Supoño que posiblemente sorprenda a alguén con esto.
Non só non me son indiferentes as corridas de touros senón que estou a favor delas. Non sei se no persoal me gustan ou non, non entendo nada, nunca as vexo e resúltanme un elemento cultural alleo máis que nada por ser galego. Agora ben, paréceme que o debate de Cataluña de prohibilas ou non é monstruoso. Agora podedes pedir que diga os porqués, porque os hai.
O futuro da humanidade estase a debatir en Cataluña. Nesta ocasión son pesimista e creo que a ñoñez triunfará: contruiremos un muro máis entre a humanidade e a animalidade e de paso desviaremos o foco da nosa atención cara a cuestións irrelevantes mentres a máquina acaba por devorar o esencial.
Vaia.

Nenhum comentário: