8.3.10

Sparklehorse/PJ Harvey Eyepennies

Mark Linkous suicidouse hoxe dun disparo no corazón. No 2006 tocara na Sala Nasa de Santiago e chegara tarde. Parecía un tipo triste, como a súa música, pero non o suficiente como para pegarse un tiro. Parecía que non tivera boa sorte. Penso que It´s a wonderfoul life é un dos mellores discos da historia inda que non o coñeza case ninguén; nel colabora PJ Harvey entre outra xente. Nalgunha ocasión teño xa falado del.
Hoxe é un día triste e estou algo impresionado.

Agora, se cadra, falarase máis del e valoraremos a este tipo tan raro.