Vaia por diante: pulpo, non polbo, que son de Aldeamuralla.
Ben, por motivos familiares véxome na obriga de xantar o pulpo nas casetas de Aldeamuralla que se poñen polo S. Pailán. Este ano non libro. Como sempre opóñome por unha serie de razóns obxectivas inda que non serva para nada,:

- é un agobio de ruído. Ensordecedor, a comunicación co que tes diante só ten efecto a verros. O motivo é que son uns contentores sen acústica ningunha con: un señor que toca o acordeón (pezas mexicanas incluídas), un señor que toca a gaita (no interior!), grupos de ledos muchachotes entonando pezas populares con claro desacerto.
- cómese mal. O pulpo pode que non estea mal (de todo), pero qué máis? os cachelos? a triste empanada? uns pementos a medio fritir? un postre grasento?
- é carísimo. Polo que se paga, e algo máis, vaise a un bo restaurante a xantar marisco, peixe, entrecot...
- é incómodo. Mesas corridas, cadeiras torturantes. Chocas co da mesa de atrás...
- é unha pasmonada. Confírmalo cando ven unha becaria de el Progreso a sacar unha foto para o xornal do día seguinte.
- cheira mal. Mala ventilación, cheiro a comida, suor.
- os camareiros non serven: tiran. Caelles o suor pola frente sobre a comida.
E todo iso por non falar de que xa non son casetas de feira senón unha especie de mininaves industriais a todo luxo, con xanela dobre e aire acondicionado. Mira que me gusta ir comer o pulpo a unha feira normal.
Total, unha tortura coma sempre, e inda por riba tópome cun, por dicilo dalgún xeito, un profesor que torturaba criaturas de 11 anos nas que me conto e que cada vez que o vexo me dan ganas de meterlle unhas hostias, claro agora non teño 11 senón 39 e, francamente, estou cachas. Así que como xa opino dende hai moitos moitos anos: que lle dean polo cú a comer pulpo nas casetas, que se vaia ao carallo a tradición e a metade dos Aldeamurallanos que, eso sí, deberían recibir o premio á constancia (en destruír a cidade palmo a palmo, agora tocoulle o turno a un edificio na rúa da Raíña e o novo edificio entre a catedral e a muralla).
O bo de todo eso é que remata e agardo librar o ano que ven.
Lugo sempre tivo un cheiro a pre-morto inaturable.

3 comentários:
és bicho de gimnasio? ai...nom te imaginava assim senhor desorde...
non ho. todo natural que veño dunha raza de pastores como diría Llamazares (Julio)....
Xa sabía eu que de toda a disertación o único que ía suscitar un comentario era do de cachas...
Postar um comentário