28.10.08

O pulpo nas casetas do S. Froilán

Vaia por diante: pulpo, non polbo, que son de Aldeamuralla.
Ben, por motivos familiares véxome na obriga de xantar o pulpo nas casetas de Aldeamuralla que se poñen polo S. Pailán. Este ano non libro. Como sempre opóñome por unha serie de razóns obxectivas inda que non serva para nada,:
  • é un agobio de ruído. Ensordecedor, a comunicación co que tes diante só ten efecto a verros. O motivo é que son uns contentores sen acústica ningunha con: un señor que toca o acordeón (pezas mexicanas incluídas), un señor que toca a gaita (no interior!), grupos de ledos muchachotes entonando pezas populares con claro desacerto.
  • cómese mal. O pulpo pode que non estea mal (de todo), pero qué máis? os cachelos? a triste empanada? uns pementos a medio fritir? un postre grasento?
  • é carísimo. Polo que se paga, e algo máis, vaise a un bo restaurante a xantar marisco, peixe, entrecot...
  • é incómodo. Mesas corridas, cadeiras torturantes. Chocas co da mesa de atrás...
  • é unha pasmonada. Confírmalo cando ven unha becaria de el Progreso a sacar unha foto para o xornal do día seguinte.
  • cheira mal. Mala ventilación, cheiro a comida, suor.
  • os camareiros non serven: tiran. Caelles o suor pola frente sobre a comida.
E todo iso por non falar de que xa non son casetas de feira senón unha especie de mininaves industriais a todo luxo, con xanela dobre e aire acondicionado. Mira que me gusta ir comer o pulpo a unha feira normal.
Total, unha tortura coma sempre, e inda por riba tópome cun, por dicilo dalgún xeito, un profesor que torturaba criaturas de 11 anos nas que me conto e que cada vez que o vexo me dan ganas de meterlle unhas hostias, claro agora non teño 11 senón 39 e, francamente, estou cachas. Así que como xa opino dende hai moitos moitos anos: que lle dean polo cú a comer pulpo nas casetas, que se vaia ao carallo a tradición e a metade dos Aldeamurallanos que, eso sí, deberían recibir o premio á constancia (en destruír a cidade palmo a palmo, agora tocoulle o turno a un edificio na rúa da Raíña e o novo edificio entre a catedral e a muralla).
O bo de todo eso é que remata e agardo librar o ano que ven.
Lugo sempre tivo un cheiro a pre-morto inaturable.

3 comentários:

LM disse...

és bicho de gimnasio? ai...nom te imaginava assim senhor desorde...

DESORDE disse...

non ho. todo natural que veño dunha raza de pastores como diría Llamazares (Julio)....

M. disse...

Xa sabía eu que de toda a disertación o único que ía suscitar un comentario era do de cachas...