21.10.08

Cousas que ocurren cando non-estou

Pois como estaba fóra non me enterei ata que voltei á realidade minifúndica. Resulta que lle dan o premio González Garcés a Eduardo Estévez, entrañable amigo, boa persoa e bo poeta ao que coñecín gracias a Psicopoet outro amigo, boa persoa e bo poeta que escribe fantásticos contos para ler nas vodas. Logo vai outro que quedou de número 2, reclama, quítanlle o premio a Edu. A razón: que áo parecer os poemas non eran inéditos senón que xa estaban por aquí, en construción.
Ben, moitos xa escribiron do tema, non vou contar gran cousa nova, ver aquí, aquí ou aquí ou aquí... Inda que non podo deixar de escribir a miña opinión. En construción é un bló no que Edu experimentou cunha nova forma de escribir, axudado polos demáis, matizado por lectores, etc, non sei se é moi novidoso ou interesante pero sí sei que é un proceso, unha forma de traballar, un xeito de crear, unha metodoloxía para construír e polo tanto non é un producto final.
O producto final foi o que presentou ao concurso e o que gañou. Así que o 2º premio, Xabier Lama e o xurado, ao recuncar, equivócanse e deixan máis que claro que non entenden cómo son os procesos de creación e moito menos que non comprenden o mundo contemporáneo. Esto é moi interesante: a literatura non é o que era nin será o que foi así que un xurado carpetovetónico non deixa de ser unha reliquia do pasado que como toda reliquia pode ter a súa gracia, unha cousa non quita a outra.
Amigos.
Queixase Xabier Lama de que Edu ten amigos e que está sometido a unha campaña de linchamento. A iso sí que quero facer unha reflexión: Edu, efectivamente, ten amigos. Así, Xabier Lama: 1.- non ten amigos, ou 2.- son incapaces de dar a súa opinión, ou 3.- a súa opinión non é coincidente coa del. Non é cousa dos demais, é un problema dil en exclusiva e, en calquera caso, móveme a compasión. Agora, podería renunciar ao premio ou, como mínimo, darlle as pelas do premio (bastante ben dotado) a Edu; sería o menos que podería facer, senón daremos a nosa opinión, eso que el chama linchamento, que ven as ser un recoñecemento explícito de que non soporta unha crítica. Pueril: xogando ao fútbol recíbense patadas, mellor o parchís.
Aquí continua Edu en boa compaña. E aquí tamén, dende logo.

Um comentário:

LM disse...

és auténtico meu caro...