8.5.08

Ordovás (e R3)

Hai tempo que tiña almacenado nalgunha neurona escribir algo sobre Jesús Ordovás.
Como seguramente moitos saberedes en RNE, e por ende en R3, fixeron unha especie de reestructuración que máis ben parece unha limpeza étnica, o caso é que xubilaron a un montón de bos presentadores e críticos. E o tema é que tamén lle pasou iso a Jesús Ordovás que conducía o Diario Pop dende hai 25 anos, é dicir, dende que eu tiña 13 ou por aí. Un día escoiteino por casualidade e dende entón sempre procuraba escoitalo, sen fanatismos, sen preocupacións, simplemente escoitábao. Gracias a el aprendín moitas cousas de música, conformei os meus gustos e desenvolvín os meus criterios. Cando eu tiña 13 anos Aldeamuralla era un páramo cultural (hoxe tamén o é pero eu non vivo alí) e o Diario Pop era unha ventana fresca, entereime de que había movida, coñecín a Radio Futura, a Siniestro Total (en paz descansen), a Golpes Bajos, Sufin Bichos...., un día sonou algo importante, Los Planetas... Non é que me gustara todo o que el puña, nin moito menos: cando lle daba polo tontipop extremo e as bandas de gays-ultras ... pero sempre había algo interesante. Falaba o xusto, puña música.
Non coñezo ao tipo, pero sen dúbida téñolle que agradecer bos ratos e bos gustos.
Así que todas as semanas, manda carallo, nalgún momento acórdome do Diario Pop. Tamén hai que dicir que esto non é mérito del: as veces caigo en Disco Grande onde un empalagoso e estomagante Julio Ruíz non para de falar e de soltar rollos, poñer grupos de gilipollas pijos, guais e outra fauna ñoña ... en realidade non é un programa de música, é un programa rosa sobre músicos tontitos, a el encántalle. Así que por contraste lembro a Ordovás.
Manda Carallo.
Quedan os restos no myspace.

3 comentários:

llll disse...

vaste rir de min, pero sabes a quen me gustaba oir de adolescente en RNE?

pois... tachán tacháaaaaaaaaaaaaaaaannn!!!!!!!

unha, dúas, tres: a Andrés Averasturi!!!!!!!!!!!!!

:)

Anônimo disse...

meu deus, todo menos a nostalxia... Non cres que unha persoa que fai durante 25 anos o mesmo programa de radio merece un descanso? Por que llelo pedimos aos políticos e non aos locutores da radio pública? Non depositamos neles máis confianza?

Desorde disse...

Aberasturi? qué tipo de perversión é esa¨?

mmmm, non é nostalxia, máis ben ansia de presente. tamén levo comendo cocido 25 anos, e non canso...!