14.5.08

Máis lugares

En Aldeamuralla acaban de tirar os cedros que hai diante do pazo da Diputación. Durante moitos anos da miña vida pasaba a diario diante deles.
Creo que foi no ano 84 ou 85 que xa os trataron de cortar daquela. Pasaron 23 anos e conseguíronno. Non é que fora algo excepcional nin nada polo estilo, tampouco é nostalxia. Simplemente é asombro da estupidez que a xente é capaz de exhibir. Alegan que estéticamente quedará mellor a zona (mellor que cuns cedros que teñen 45 anos?) e problemas de seguridade, poden caer cun temporal e xa caeu un, antes eran 4. Ben, se os problemas son de seguridade: por favor que talen todas as árbores urbanas xa! xa mesmo! ah, que prohíban a circulación a motor que sí que realmente da problemas de seguridade, creo que mesmo o ano pasado morreron unhas 3000 persoas en España por isa causa!.
Ben, Aldeamuralla segue sendo un lugar bastante absurdo. Foino, ségeo sendo. Agora que aguanten eles da absurda fachada do pazo de San Marcos onde, por certo, goberna o PSOE, menos mal que fan políticas diferentes.

Nenhum comentário: