6.5.08

Actualizar

Actualizar algo é absurdo: cando algo está actualizado é que xa é pasado. A concepción lineal do tempo é o que ten.

Así que conto que fixemos na casa unha festa de cumpreanos á que N asistiu durmindo arriba. Queda así demostrado que se poden seguir facendo festas e tendo certa vida social.
Para ilustrar a festa busquei desesperadamente o video da canción Strong Culture de Asian Dub Foundation pero non o atopo por ningures, unha pena porque é moi inspiradora. Así que se alguén me suxire cómo colgar música no bló de xeito sinxelo e rápido....
Por outra parte fixen unha viaxe exótica: fun xantar a Hierrol coa Sociedade Patafísica do Atlántico, agora máis Atlántica que nunca inda que non se divise o mar, prácticamente, dende esa cidade (?). Exótico sen dúbida.

2 comentários:

Anônimo disse...

Boas... pícame moitísimo a curiosidade: dónde é o sitio que aparece na foto co título do blogue?
saudiños

Desorde disse...

pois é na serra do Cando.
apertas