2.5.08

Lugares

Frank Bascombe, o protagonista do Periodista deportivo ou o Día da independencia esforzábase por repetirse que os lugares non significan nada. Pero esforzábase por algo. Chegamos a Aldeapequena e o desastre xa é visible. Visible dende un radio duns 80 km á redonda. Nunca xamais voltará a ser o mesmo e eu podería facer unha lista de lugares que si que significan algo para min.
Levo unha aspa cravada nalgunha parte e vaise quedar aí aloxada como esas balas que levan algúns vaqueiros nos westerns de antes. Molestará, doerá cos cambios de tempo. Para que non me moleste non mirarei arriba e ao sur, non mirarei ao Monte Gólgota.

Hai fillos de puta para os que os lugares non significan nada: algúns empresarios, os políticos e dende logo un rebaño de funcionarios incompetentes, servís e inmorais. Só quero que nos seus sonos se lles aparezan todos eses lugares.

Nenhum comentário: