20.1.07

38,5

O termómetro marca 38,5 ºC pero non é preciso miralo para saber que teño moita febre e que me sinto moi mal. O único que me saca do sofá son as brutais ganas de mexar. O paracetamol é lento e feble. Non me gusta estar enfermo e creo que non me atopaba así dendo o 2003.
Pecho os ollos e mergúllome nunha brétema rara. Aparece Haruki Murakami. Non é xaponés, curiosamente, parece máis ben un relamido rapaz norteamericano dunha universidade dos 50, ou algo así. Sorrí tímidamente e eu estou anoxado. Dígolle que o seu último libro é unha gilipollez. Así de claro. Vale, sabes escribir e poste a facelo, como che van os temas oníricos deslízaste por morfeo máis do normal, ao final chgas ás 500 páxinas, sabes que tes que rematar, non sabes cómo, e comezas a introducir novas personaxes e ámbitos para darlle unha saída a tal embrollo, eres un tramposo, Haruki. El mira para abaixo e recoñéceme que teño razón, que se lle foi a olla que a próxima vez non lle pasará, eu dígolle que máis lle vale, porque senón non lle volvo a ler nada. Abro os ollos e sego coa febre, dóenme as articulacións e teño os ollos hinchados. Pero síntome algo mellor.

2 comentários:

besbe disse...

Ponte bo.

Anônimo disse...

Entón voume quedar igual que co final de Sputnik, mi amor? Jolín, co que me estaba a gustar o tochón este... gggg

De tódolos xeitos vou intentar seguir lendo de bon.rollismo, a ver q pasa.. xa che contarei.

Ti sana, inda que estar unha vez malo por cada 3 anos tp ven mal para deixar de traballar un pelín.

BICOS!