12.1.07

Todo está claro

1. - Convócase unha manifa pola paz, a fin da violencia, o diálogo, a liberdade.... e un partido político anuncia que non vai ir. Quén é? Batasuna? nooooon, o PP!!
Eu, cando aprobaron a lei de partidos pensei que estaba claramente en contra, agora comezo a pesar que me parece ben pero, claramente, deberíanna aplicar a quen a infrinxe, polo menos de espíritu: o PP. Cumpriría ilegalizados por estar a favor da violencia, en contra do diálogo, etc. Agardo que pasen moitos lustros antes que semellante colectivo de miserables acaden o poder de novo. Eu vivirei máis tranquilo.
2. - O presidente da AVT saúda nun acto ao coñecido Ultradereitista Ynestrillas; éste último acude a unha misa que lle dedicaron hai pouco a Pinochet con todo tipo de berros e parafernalia fascista do máis rancio. Qué é o presidente de honra da AVT? pois o vergoñento ex-presidente Aznar, presidente de Honra do PP.
3. - En España non hai eurodiputados de ultradereita como en Franza, Bulgaria ou Rumanía, que ao parecer vanse constituir en grupo propio no europarlamento. Por qué? Obviamente porque aquí xa teñen grupo propio, o PP.

2 comentários:

Anônimo disse...

toda, toda, toda a razón. esta vez enternecinme co teu post. lembrei, léndote, unha conversa virtual de hai máis de cinco anos... o PP acababa de gañar as eleccións xerais e ti tentabas explicarme o perigo real do asunto, máis alá da pose antifascista. e eu debín entendelo, que aínda me lembro :P

bks, xab, cóidate do inverno. (total, para este inverno de pegote que temos...)

Desorde disse...

Estimada O.: bicos tamén para Vd., coideseme moito.