16.6.05

Antes morrer que perder a vida

Pois iso, antes morrer que perder a vida.
Termitas.
Ocúrrenseme varias historias de termitas nesta mañá de transición hacia o bo tempo.
Elas morren antes de perder a vida.
Tópicos.
Sorpresa. Por exemplo, a manifestada pola rixidez ante un elemento flexible.
Nota culta: poden lembrar a peli 'Os xuncos salvaxes' de A. Techiné (escribíase así? non teño ganas de ir ao Google....). Senón me creedes observade a cara de sorpresa constante que o granito pon cando ve o mar.
Apunto unha nova nota na axenda: non te fíes de quen manifesta sorpresa.
Agora penso que esto xa o debera ter apuntado na axenda dende o paleolítico, pero a causa do meu Desorde, sempre chego tarde/a tempo.
E penso nas explicacións que só se ven obrigados a ofrecer os xuncos salvaxes.
Santiago de Compostela ten portas abertas polas que circula moi pouco aire. Dende aquí o planeta vese demasiado pequeno. O dito: antes morrer que perder a vida.
Se non me creedes, vémonos o día 19X pola noitiña. Hoxe marcho a Cualedro. Alí non circula aire dende hai moito, ainda que non hai muros as portas están pechadas , pero eles non o saben.
Desorde: os próximos 4 anos vai haber moitas SORPRESAS.

Um comentário:

Anônimo disse...

Whatever...