19.6.05

Cruzando dos dedos ('cross fingers', ala!)

Nos xornais guais os comentaristas dan por medio feito ou completamente feito que desta vai, que Fraga vai finalmente caer.
No reducido universo compostelano, alí onde temos a auténtica cosmovisión pangalaica, calculamos que sí, que é moi probable, que desta vai.
Pero.
Sempre ten que haber un pero. Ou Máis: recorro a provincia de Ourense, non falo con ninguén, só me aguanto a min mesmo pero non vexo máis que carteis do PP. O omnipresente MAIS Fraga está por todas partes. E véñome a aldea na que (re)tomo contacto coa realidade (en perigo de extinción pero realidade). Pasa un coche tuneado. Pasa unha alucinante máquina 'mezcladora' que lle da de comer ás vacas. Pasan os anos. Non pasa nada.
Aquí todo o mundo di que vai gañar o PP, mesmo os que non o votan (curmáns e demáis familia...). Pasa un can, pasa un miñato, pasa a veciña bruxa e filladeputa, pasa o mozo dunha das miñas primas (das pequenas) cun tatuaxe e parece que non pasa nada.
Unha cría de 17 anos, amiga doutra primiña de 16 maniféstase do PP. Pregúntolle e di que quere ser rica. Eu tamén. Pero pasa o tempo e non o son.
E. dende UK dime que vai cross fingers.
Quedan moi poucas horas.
Cruzamos os dedos.

Nenhum comentário: