Estou/amos a vivir unha auténtica sobredosis de política galega. O estado de Galizia para o 19 pola noite estanos a preocupar e ocupar as conversas constantemente. Así foi esta fin de semana con C., M. e L. e E. e P. en Fisterra e Carnota.
Qué ocurrirá? quén terá, ao seu xeito, razón? a quén debemos votar (o que debemos botar está claro)? debemos votar a aqueles que se empeñan en ser unha imaxe especular do PP? ou votar as ñoñez da que nada esperas?
Mellor votar ñoñez que ceder ao chantaxe emocional? (emocional, porque se é por ideoloxía está claro que non se lles debe votar, senón botar - tamén-).
Falo con A. e díceme que nunha presentación de HAI QUE BOTALOS (páxina hackeada) dixo algo así como '... e que isto vaia de advertencia para os que veñan....' Si señor!!
Polo momento soa Jeff Buckey e Saint Etienne, lembrándome que hai cousas que duran e perduran por riba da conxuntura política de esta pequena esquina do mundo (con permiso de YLT).
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário