20.5.05

Para qué un título?

Conde, marqués, Duques... de Lugo ou de Coristanco....... para qué necesitamos un título?
Páganche por telo?
eres máis feliz?
....
Ben, parvadas.
Anuncio que teño lumbago, a quén lle pode interesar? o caso é que me está a condicionar o día: movementos lentos, coidadosos, mal humor, etc.

Non se perda ninguén HAI QUE BOTALOS, unha peli feita por un montón de xente cuio obxectivo e chimpar ao PP fora da Xunta de Galizia (noten esta nova denominación híbrida entre o oficial Galicia e o Galiza (hauténtico), clara aposta polo sincretismo, tan caracterísitico dos galegos que nos leva a mesturar a 'uralita' coa lousa e a lousa co ladrillo, e o ladrillo coa cantería e a cantería co Bloque.......... e logo pasa o que pasa).
Ben, veño de ler PORNO. a última novela do meu admirado Irvine Welsh, si, si, o pavo que escribío a novela Trainspotting, logo levada ao cine e de tanto éxito... non a perdan, é absolutamente estupenda. Por certo, saben que a película cambioulle a vida a algunha xente? coñezo a un que ía para ser marxinal (non me extendo en detalles porque é de pouco gosto) e agora resulta que vai votar ao PP, unha vez máis, é propietario dun inmueble, etc
IMPRESIONANTE.
Irvine, a próxima vez que escribas algo pensa no que fas.
o disco duro do meu ordenador xa funciona.
xa teño conexión a internet.
e Mogwai soa tranquilamente logo que E. me pasara dous cds que non teño.




Nenhum comentário: