23.5.05

Hai que botalos

Exacto. Logo xa veremos o que pasa (digo mentres poño cara de preocupación, como se non me foran a chegar os cartos a final de mes).
O caso é q onte estreouse esta película colectiva tipo film.
Recomendo o seu visionado ( inda que é algo irregular) a sua distribución, boca-orella, etc
Ten copyceibe polo q podes distribuila e facer o que queiras con ela.

Doeme un pouco o lumbago e xa comezo a estar ata as cellas. Terá Fraga mellor saude ca min???
Será posible que volte a ser votado como para sair absolutamente? se o fai, nas próximas eleccións eu terei 40 e terei pasado a metade da miña vida (presuntamente e sendo optimistas) baixo un tentáculo de Franco (lembrade, ano 1936... etc ) As contas cadran e son claras e non o podo entender porque eu medrei con Mazinguer Z, con Félix Rodríguez de la Fuente, coa Guerra das Galaxias, coa Bruja Avería... transición.... e agora teño ordenador, escoito a Lali Puna, a Autour de Lucie, Os Planetas, Nick Cave, Yo La Tengo, PJ Harvey, Astrud, Mercromina, os Cheminal Brothers e Sonic Youth ... e vó en avións onde apago o meu teléfono móbil de penúltima xeración; teño stress, miopía e alopecia, como productos macrobióticos e kebabs............... vamos HOSTIA, que eu son deste milenio para ben e para mal e non sei que carallo fago neste sistema político/xeográfico fascista/medieval estúpido/paleto minifundio/concentrado........ que recibe e esixe fondos da UE para facer queimadas, churrascos, concentracións parcelarias, cidades da cultura, pulpadas, pistas e demais conachadas varias.

2 comentários:

Roberto Iza Valdés disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...

Thanks so very much for taking your time to create this very useful and informative blog.