13.5.05

Desordes Variados

..... ben, resulta que levo un montón de tempo sen deixar nada aquí e polo tanto sen satisfacer as ansias infinitas de luz e coñecemento dos millóns de fans de todas partes do planeta que visitan constantemente este blog (ocasional). Xa estou aquí!!

por unha banda IBIZA: paradigma de toda a vida de desastre ecolóxico no litoral, que si urbanización masiva, que si desastre, que si modelo insostible. Vale, si. Pero resulta que está moito mellor que a maior parte do litoral galego (véxase mariña lucense, véxase Morrazo, véxase Arousa, véxase Barbanza, etc) ...... Pero hai diferencias: resulta que en Ibiza máis ou menos siguen unha tipoloxía propia, conteñen os volumes e, TACHÁN! resulta que AS PISTAS NON ESTÁN ASFALTADAS!!!!! e inda hai máis: resulta que en Ibiza viven do Turismo. Como aquí, non?

Viva o Desorde


Outro máis: rompeume o disco duro do meu ordenador: angústia, temores, etc finalmente todo resolto a cambio de papelitos deses de cores que están contidos dentro dunha VISA, non hai nada que os cartos non solucionen. En problemas co hardware, vamos.


Por certo , si estás de EXAMES en Xuño, Fraga tamén o está: SUSPÉNDEO.

Nenhum comentário: