Di o refrán "otros vendrán que bueno me harán" ou algo así, non sei moito de refráns.
Manuel Fraga debe de estar pensando algo así. Eu polo menos estouno a pensar. Foron 16 anos de caciquismo, de paternalismo, de corrupción semidisimulada.
Un ano de Feijoo chega para botar de menos a Fraga ante tal despliegue masivo de maldade e estupidez. Preocupante é a corrupción na modalidade que poderiamos chamar stalinismo económico ou empresarial que consiste en contratar exclusivamente a xente da súa correa, véxase traballadores ou empresas. Exhibición de estulticia coa cultura e a educación... é o que ten colocar paletos. Demolición da sanidade pública colocando unhas bombas nos cimentos chamadas incompetencia (logo dirán que o privado é mellor cando o único mellor é o traballo e a competencia). Nin disimulan o nulo interese polo medio ambiente. Ideas cero, ideas boas menos que cero. Crise, só crise para entreternos, mantras sobre a opresión do castelán e a malignidade dos bipartitos.
Qué se pode facer? dígoo porque a oposición nin está nin se prevé que estea: Vázquez & Vázquez como paradoxo da ineptitude política. Pregúntome se realmente no BNG e no PSdG non hai ninguén con un mínimo de competencia, enerxía e unha necesaria mestura de pragmatismo e utopía no seu horizonte. Non teñen asesores? non se lles ocurre que ao mellor incluso se poderían mercar?
Estoume negando, de un tempo a esta parte, a tratar de facer análises minimamente elaboradas. Simplemente chego á conclusión de que somos unha sociedade fallida, unha colección de intelixencias pobrísimas no mesmo lugar ao mesmo tempo.
Nunca digas nunca xamáis.

Nenhum comentário:
Postar um comentário