Pois tal e como prometín vou escribir algo o día despois: efectivamente houbo sorpresas.
Inda que quizáis o máis sorprendente é que no PSOE e no BNG pensen que é unha sorpresa. Causas hai moitas. A arrogancia, a chulería, a incompetencia e, dende logo, a política de dereita aplicada están tras a presidencia de Feijoo. Mira que debe de foder perder contra un candidato como Feijoo.
Agardo dimisións. Touriño xa está fora pero preocúpame o BNG: é tan pequeno e sectario e están todos tan pringados que a próxima dimisión de Quintana non servirá de moito: precisarían dimitir todos. Inda que se me ocurre unha excepción: o único capaz de pilotar unha transición (de aquí a uns 16 anos) é Berias. Curioso pero é o único que queda sen pringar.
Seguirei contando cousiñas. Inda que se cadra escribo un artigo (público) en medio privado e convencional.
Disfrutade, non todos os días vívese un fracaso tan bonito.

5 comentários:
Pois concordo 100%. Para que valeu a Purga de Beiras, mais que para perder votos?
Seica era moi elitista para a sociedade galega...
Si, tan elitista que chegou a ter 19 deputados!!
:D
próximo lema do BNG: muera la inteligencia!
Eu tamén pensaba que Beiras era eliltista e mirade agora.
Prefiro a un elitista que polo menos fale ben o galego.
Realmente o BNG comezou a baixar estando Beiras de portavoz e coincidindo no tempo co seu achegamento a Fraga.
Realmente permítame que o exprese con contundencia, o de "achegarse" a Fraga é unha solemne tontería.
Nunha democrácia madura e normal onde os partidos non son sectas e os políticos son persoas o lóxico é que dous líderes de dous partidos se vexan, xanten xuntos se lles place con café copa e puro e discutan ideas, propostas, desacordos, etc.
O que é anormal é que eso incluso sexa noticia como cando Rajoy visita a Zapatero. Entendo que debería ser habitual e o normal, por ser a norma.
unha aperta cordial
Postar um comentário