Nunha habitual saída tiven que pasar a carón de Aldeapequena por un lugar que había como un ano que non visitaba. Ía concienciado para::
- A nova puta central eólica perfectamente inútil e ilegal pero que aí está.
- Un "corredor de alta prestacións" Lugo, Sarria, Monforte, perfectamente innecesario e de escasa vida útil.
Pola mañán non houbo problema: a néboa impedía ver nada. Pola tarde recibín un golpe para o que non ía preparado. O val de Céltigos, río Ronfe, un dos lugares máis maravillosos que quedaban na zona e nos meus recordos está atravesado por unha nova infraestructura desas que nos fan modernos, esta vez era o AVE. Quedei petrificado ao ver o val borrado do mapa. Alí ía pescar de moi neno co meu pai, troitas, puña nasas aos cangrexos (de río, hoxe prácticamente extinguidos), alí vin o meu primeiro cuco e descubrín a miña primeira colonia de anduriña das barreiras. Con 13 anos collía o tren dende lugo a Láncara e de alí andando a este val que xa non existe. Para esto non ía preparado. A sensación é que xa non queda nada.
Viña do Oribio, teño que voltar dentro dun ano e posiblemente xa nunca o volte ver como é.
Viña do Oribio, teño que voltar dentro dun ano e posiblemente xa nunca o volte ver como é.
2 comentários:
Que triste
:(
Nos dejamos hacer...
Qué bofetada.
Postar um comentário