18.5.08

Musac, etc.


Fago unha visita fugaz a León, menos de 24 horas, por negocios, publicacións e para ver aos amigos. Xanto en plan negocios no Musac (salada e hamburguesa de sepia con pan negro) e as presas impídenme visitalo unha vez máis. Quédome coas ganas, incrementadas polo feito de que pola noite había concertos "nuevos mundos pop". Miro cousas de Pipilotti Rist e de Pauline Fontdevila á quen pertence o debuxo que ilustra esta entrada e que estivo no Musac.
Cando volto penso que ogallá tivera esa sensación co CGAC do que non lembro a última vez que estiven e eso que me queda próximo, non como Musac. Supoño que é síntoma da súa decadencia, será posible que retomen o interese?
Ceo cos amiguiños de alí e remato con B tomando algunha cervexa nun Húmedo bastante valeiro. É a primeira noite que paso sen M e N dende que N naceu, teño unha especie de mono inda que recoñezo que a distensión cervecil tamén senta ben. E e E están ambas moi preñadas, para xullo, supoño que as próxima vez que as vexa haberá dous retoños máis...
Un vive nunha cidade e logo queda a vivir sempre un pouco nela.

Um comentário:

LM disse...

também há cidades invisiveis...