1.2.08

Pijos

O comentario anterior non estaría completo sen outra das miñas fobias: os Pijos.
Hai que recoñecer que gañaron. Antes, fain 20 ou 25 anos eran un grupo concreto, perfectamente recoñecible e a quen era doado localizar, aillar e evitar. Pouco a pouco fóronse mimetizando co resto da poboación e contaxiandoa simultáneamente das súas taras e perversa ideoloxía, ata o sindios de hoxe no que hai que andarse moi atento para recoñecelos. Podería dicirse que todo dios é pijo actualmente. E o que non o é fai como se o fora. E o que non o pode ser totalmente, chega ata onde pode. Hai pijos disfrados de Jipis (mutado en especie propia, el jipijo, moi perigoso), ecoloxistas, vendedores de hipermercado, tuneadores de coches, indis, padres de familia, mecánicos, sindicalistas... todos perigosos. E están por todas partes.


2 comentários:

Laurindinha disse...

Vale, pero que é un pijo??

DESORDE disse...

Un pijo é... vai ó link da wikipedia, creo que está bastante ben...