1.2.08

Jipis

Sempre tiven ganas de poñer algo sobre eles. Fundamentalmente que sempre me pareceron uns indesexables. Vexamos, pode que nas súas orixes tiveran algún tipo de significado, compromiso, ser, razón... pero inmediatamente revelouse como o xeito ideal de amosarse apostol do bon rollito e pouco máis, eso sí, todo aderezado cunhas doses de ñoñismo que reventan a calquera. Un postureo que se permite mirar mal aos demais dándose aires de superioridade moral ou algo así cando o seu compromiso, tanto no persoal como no colectivo, quedou esquecido hai décadas.
Así que a miña solidariedade con Johnhy Rotten, os Primal Scream e o seu kill all the Hippies e incluso con Siniestro Total (nas súas orixes, of course, cando eran punks e non pijos) e o seu mata jipis en las Cíes.


Nenhum comentário: