11.10.07

Reafirmando identidades

Como parece que diso se trata, reafirmome na miña identidade.
Agora ben, como non sei moi ben cal é a miña identidade e ista, en calquera caso, ven determinada polo azar, todas se me dan bastante ben.
Claro que se poño que son da miña aldea: quedo como moi paleto, demasiado centrado, pouco aberto, e o fin e o cabo a miña aldea, se ben bonita, non é a máis bonita do mundo, ademáis hai casas onde abundan os tarados, etc. Se poño do Mundo pois non sería máis que outra gilipollez desas dos apóstoles do Bon Rollito, unha aberración, porque Chechenia está no mundo e eu non son de Chechenia nin putas ganas que teño de ir por alí. Oe, que non lles vaia mal, claro que non. Tampouco son de Laos, porque alí son todos un pouco orientais e eu non teño esa pinta... Así que non sei moi ben nada: as identidades son un lastre, se es sempre igual é aburrido, un traballo descomunal. Rajoy di que está orgullos de ser español, unha pena, o que se perdeu Burundi con este visionario.
Na xardín hai nenos xogando, coidado.

4 comentários:

Ra disse...

Cada vez me siento más desidentificada con las identidades. ¿Será grave?

Anônimo disse...

pues yo me siento del mundo...o al menos de cualquier lugar al que voy, incluido este país; quien sabe si desorde tiene un antepasado camboyano

Anônimo disse...

se aquí é como é, ti imaxina que podería facer este home en burundi...

Desorde disse...

Non creo que se grave, dende logo. O do antepasdo camboyano non o descarto, o que pasa é que habría que retrotraerse a un Homo erectus.....