16.6.07

O fin da inocencia

Creo que non son ningún pardillo, ningún inocentón, todo o contrario. Tampouco teño xa 18 anos nin nada polo estilo.
Esto ven a conto do Goberno da Xunta. Nunca estiven ilusionado polo tanto non me vou desilusionar, non ten lugar. De feito dende os 13 anos ou así anóxame a tibieza meliflua e acomodaticia do PSOE, ese facer como que eres de esquerda e reservar as políticas de esquerda para cuestións meramente mediáticas e ñoñas, que lle vou facer, cando tiña 17 traumatizoume o referendum a favor da OTAN. Tamén é certo que non son todos iguais, sempre hai que matizar: por exemplo penso que áZp habría que adicarlle xa a día de hoxe unha rúa ou algo así por sacar as tropas españolas de Irak ao día seguinte de ser nomeado presidente; pero claro logo está o ultradereitista Paco Vázquez, especulador ultracristianoide, caricatura do autoodio ese que din que temos os galegos e que, en realidade, é unha característica do español.
E dende hai xa moito anos anóxame a ñoñez cristianoide de boa parte da militancia do BNG e o sectarismo e fundamentalismo de moitos outros, pero sobre todo o paletos e ignorantes que son, en xeral, por suposto, sempre hai que matizar. Pero sobre todo moléstame que teñan unha estrela vermella na bandeira facendo como que son de esquerdas cando son radicalmente de dereitas, unha dereita tan paleta e cateta como a do PP galego. Todo é difícilmente comprensible. Tamén teño dito que neste intre parécenme que teñen o 55% da responsabilidade do esmorecemento do galego. Xa sei que isto soa forte, pero penso que é certo.
Así que cando chegaron ao Goberno da Xunta non agardaba nada. Pero sei que minto. Algo si que agardaba, algún cambio obvio, algunha cousiña... non sei, algo.
Casi dous anos despois, o BNG deixa en mans do PSOE a política linguística, logo quere facer franquicias das ikastolas... sobrepasa en 2000 megavatios a enerxía eólica que quería implantar o PP nos nosos montes destrozando o país (de 4500 MW a 6500 MW, agora hay uns 1900!!), si no país (facer país, blablablabla), legalizan toda a minería ilegal que existe, incluíndo a do Caurel, seguen a mesma política de transportes do PP (o asfalto como icono), hai lume e opinan o mesmo que Romay Beccaría hai 16 anos, teñen fé nas concentracións parcelarias como as vellas a teñen en Sta. Rita. Continúan adiante co porto exterior de LaCoru e máis co de Reganosa, non desmantelan o Ferrazo, nin paralizan a Cidade da Cultura, seguen adiante coas piscifactorías (eso sí, fan o xesto simbólico de Touriñán, de símbolos vive o político), política cultural de verbena, Superpiñeiro e Gaioso........... e para colmo uns e outros colocan aos seus amiguitos como unha especie de metástase canceríxena que infecta de incompetencia e vulgaridade ás administracións públicas. Se cadra moléstame que non me colocaron a min, por certo que me queda mellor o traxe e a garabata que a moitos dos novos carguitos.
Así, que bueno, se me quedaba algo de inocencia, algún residuo, algún tic, tranquilos que xa está borrada. E esto nin me fai sentir mellor, nin peor, nin nada, é como un proceso orgánico común, como unha dixestión un sábado pola tarde, como cortar as uñas... de feito pode que sexa bo para o país, pasar da ultradereita cateta á dereita acomodaticia para que así se artellen auténticos movementos sociais, independentes dos que se facían pasar por xente de esquerdas e preocupada polo país (qué curioso, qué irónico). Tampouco sei se é posible, pero mentres miro o tema paso ben o rato.
Mentres, a facer ben o traballo propio, a que dure, a divertirse, a cagarse nos putos gallegos e dicir quén me mandaría a min nacer aquí, a ir de vacacións a sitios sen parques eólicos e sen eucaliptus, etc
e a pensar de xeito máis pragmático, individualista e cabrón día a día.

5 comentários:

Ra disse...

Hoy le daré igualmente un aplauso aunque me cuestione (que probablemente sí por acción u omisión) si yo voy incluida en alguno de esos lotes de los que tanto usted como yo nos quejamos, en Galicia, en Andalucia, o en este p-Estado cuasi federal. Ya sé que ha dicho que HAY QUE MATIZAR...por éso todavía podemos protestar, no cree? Puede que no sea tan mala señal. Si no hubiese necesidad de aclarar los matices supondría estar inmersos en un catetismo plásmico alarmante que nos pasaría desapercibido :D
Usted lo etiquetó muy bien: Todo estaba claro.
Tenga un buen dia, Desorde.
(Lo siento por la extensión, parece que en casa no me dan conversación, oiga... ;P)

Anônimo disse...

É exactamente como nos sentimos moitos...

oko disse...

totalmente identificada no texto. e o peor é que hai quen ve clarísimo que houbo un cambio enorme.. cambio onde?

Desorde disse...

Eso me pregunto eu, Oko, ónde carallo está o cambio. Hai peña que fala dil. Terán unha droga que eu descoñezo? Estaremos miopes perdidos?

Laurindinha disse...

Hai unha cousa na que estamos de acordo: a Zapatero habería que dedicarlle unha rúa. E non son nin nunca fun votante do PSOE...
Saúdos!